Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Las leonas con melena
O AFIADOR
Había expectación por coñecer o desenlace do pleno do pasado venres en Ourense, pois no mesmo decidíase por un lado si o grupo de goberno sería capaz de aprobar o orzamento municipal ou, polo menos, tomado en conta para a sua discusión. Por outro, que fose rexeitado con carácter previo por defecto de forma, ao carecer do preceptivo informe do interventor, rematando aí transitoriamente o percorrido. A diferencia, como xa se explicou, non era menor, pois no segundo suposto -respaldado por BNG e PP-, a carencia de plazo legal para levalo de novo a discusión, faría imposible a sua aprobación.
Impúxose a primeira opción, grazas ao voto favorable das socialistas, exercendo de salvavidas do alcalde ao asumir a sua proposta e forzando o debate sobre a proposta orzamentaria aínda carecendo do aval técnico imprescindible. Como tamén é sabido, en consecuencia, abriuse un prazo dun mes para que a oposición artelle un hipotético acordo do que sairía un grupo de goberno que asumiría as rendas da gobernanza apeando ao rexedor do poder.
Se non houbese ese pacto político, o actual mandatario superaría a moción de confianza e tería vía libre para gastar como lle pete boa parte dos case 128 millóns de euros que se aprobarían de xeito automático. Todo apunta a que -agás milagro- tal posibilidade resulta imposible, dado o apoio clave do grupo socialista. Resulta curioso que como xa sucedeu en outubro pasado, cando sorpresivamente respaldou unha modificación de crédito por valor de 25 millóns de euros, que a sua portavoz xustificou para “liquidar o vitimismo” do rexedor e que, ademáis, na práctica ese voto non valería para nada, dada a incapacidade de xestión de este. (Nesa sesión, casualmente, non estuvo o concelleiro Vázquez Barquero, que tamén asualmente dimitiu días despois). Antonte, outra vez votando co alcalde, a voceira socialista despachouse a gusto afirmando que “non tes a nosa confianza. Dende o noso punto de vista, non estás habilitado a (sic) dirixir a cidade”.
Polo tanto semella que todo vai seguir igual. A falla de contestación interna e externa -coñecida- pode levar ao grupo municipal socialista a colixir o silencio como respaldo a esta rara estratexia de abrazar o que se detesta. Contan, tamén, co apoio explícito do secretario xeral do PSdG, Gómez Besteiro, quen puxo como “único incoherente” ao Partido Popular “que polas mañás fai oposición e polas tardes axuda e protexe a este goberno municipal”. Esquece que o seu grupo no concello de Ourense non agarda da mañá ata a tarde para adoptar posturas antagónicas, senon que o fai en cuestión de minutos, sen necesidade de sair da sesión plenaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Las leonas con melena
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Crueles veinte segundos
Lalo Pavón
O AFIADOR
A paternidade da incoherencia
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
El FMI y Bruselas aprietan a España
Lo último