Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A velocidade como meta
TÍA MANUELA
O intelectual galego e profesor na Universidade de Barcelona, Camilo Fernández Valdehorras, veu a Galicia, en xira de presentación da revista que el dirixe, “reNova Galiza”, do Foro Cívico Galego de Barcelona. No mesmo volume, de 366 páxinas, están os números 5, 6 e 7, xunto cun caderno conmemorativo do vinte e cinco aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, asociación fundada en 1999 e, como tal, rexistrada no Rexistro de entidades da Generalitat de Catalunya, en 2002.
Os promotores din que se trata dunha revista de pensamento cívico, estudos culturais e solidariedade galega. Nas presentacións en Santiago, Coruña e Lugo, o director di que “reNova Galiza” é unha publicación que bebe do espírito de “Nova Galiza”, dirixida por Castelao, Dieste e Carmen Muñoz en Barcelona, entre 1937 e 1938.
E, segundo a propia publicación, saída do prelo o trinta de outubro do ano pasado, trátase do “tributo e conmemoración do setenta e cinco aniversario do pasamento de Daniel Rodríguez Castelao”. Para ler os textos desta revista cómpre tempo. Son moitos e longos, son para reler, para pensar, falar deles, aprender e recordar. Son textos sobre a nosa cultura, as nosas palabras, o pensamento, a nosa xente, da terra e da diáspora.
Todos eles son textos que falan de nós, do que fomos e do que pretendemos. De nós, da arte de nós, da política, da literatura, da emigración e da solidariedade conveniente. Nun deles, o xornalista Perfecto Conde escribe sobre a casa natal de Castelao e comparte a idea de que debe ser tomada en consideración, xunto coas de Rafale Dieste e Manuel Antonio. As casas destes ilustres rianxeiros deberían formar parte do patrimonio cultural de Galicia.
Son moitos e interesantes os temas a tratar nesta publicación e moitas as persoas e os personaxes relacionados, un deles é Jei Noguerol, aquel cantautor que, nos anos setenta, reivindicaba o arranxo da carretera: “Señor ministro por favor/ Amañe-me a carretera/ que máis parece un camiño/ que non se pode andar sequera…”.
E, despois dun concienciudo repaso aos andares literarios e culturais dos últimos anos, remata esta revista-libro, ao gusto da Tía Manuela, cuns versos de F. Delgado Gurriarán, “Galicia é infinda!/ Nosa Galicia é máis que toda a terra…/ Galicia só limita coa Saudade…”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A velocidade como meta
David Alvarado
Epitafio atrás da tapia na cidade iluminada
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Pensamento cívico
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Las palabras del año
Lo último
COMIDAS EN FAMILIA
Qué se come y cómo se vive la Nochebuena en distintos países del mundo
La Región
CARTA AL DIRECTOR
Barra libre a la combustión