Benito Iglesias
La política de vivienda en España debe de ser la de Galicia
TÍA MANUELA
A influencia das pantallas nas nosas vidas é imparable. Dende que, na última década do século XIX, os irmáns Auguste e Louis Lumière poñen en marcha o cinematógrafo, unha caixa de madeira cun obxectivo e unha película perforada de 35 milímetros, que permitía gravar e proxectar imaxes en movemento. A pantalla non parou de entremeterse na vida diaria das persoas, dos grupos, das parellas e das familias.
Nesa mesma década proxéctase en París a película “Salida de la fábrica Lumière”, un documental no que se mostra a saída dos empregados da fábrica dos irmáns Lumière, unha fábrica situada en Lyon, na que se producían aparellos fotográficos.
Despois das enormes pantallas de tea, aparece a televisión, mecánica e electrónica. Varios dos lectores, dos de máis idade, acordaranse ben da primeira televisión que viron. O señor Manuel do Nazario sorprendía á veciñanza da súa aldea preguntando se elas, as persoas que se vían na televisión, poderían vernos a nos? Quen sabe, respondía a súa muller, unha dona costureira, amante de falar baixiño para non ser escoitada lonxe da casa.
Foi un enorme avance, aquela tecnoloxía de tubo de raios catódicos puxo ao cine e ao entretemento na cociña de cada casa
Era outra cousa, a televisión era outra cousa. Uns tíñana na casa e outros ían vela a onde a había. Os nenos da escola, coa mestra, á casa do cura, mesmamente. Era curiosa a situación, os rapaces e rapazas xogaban entre si nas corredoiras e nos currais dos veciños do cura, mentres don José e a mestra vían a nova televisión no cuarto onde estaba. Ao volver á casa, as nais querían saber, pero os escolares non contaban nada.
Foi un enorme avance, aquela tecnoloxía de tubo de raios catódicos puxo ao cine e ao entretemento na cociña de cada casa. En moitos casos, tamén no salón e no cuarto de durmir. E, xa pasados os anos sesenta, achégase con forza a computadora, “aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación etc., para as cales está programada”. Xa a finais da década dos setenta aparecen monitores para computadoras persoais, con grande resolución e pantallas de mil cores.
O negocio non se para. Aparecen as pantallas planas, interactivas, lixeiras e móbiles e niso anda a xente, cos ollos na pantalla, sempre. Pero, como di a Tía Manuela, “o peor non é a pantalla, é o que se pode ver nela”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SIN RECUPERAR LA NORMALIDAD
El Gobierna cifra en más de 2.000 los irregulares que siguen en Ceuta tras entrada masiva de migrantes