Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
Xa sei que é caer na redundancia, pero o tema dos árbitros é algo que me impresiona bastante, por ser os grandes sacrificados, os grandes "energúmenos" do deporte en xeral. Amais, no trato que se lles dá ós árbitros é onde se aprecia tamén a personalidade dun individuo. E se o árbitro é un neno de dezaseis anos? Como se cualificaría a un individuo que ataca a un neno de dezaseis anos? Aconteceu en León, nun partido de prebenxamíns (nenos de seis e sete anos), cando o pai dun dos nenos do equipo do Bosco B agrediu a un árbitro de tan só dezaseis anos. Non caeu na conta de que, ó mellor, dentro de dez anos o seu fillo pode arbitrar un partido. O rapaz tivo que ser hospitalizado. E se non chegaba con esa ruindade, un segundo individuo inmobilizou á vítima para que "o valente" zoupase a gusto, a un neno que podía ser seu fillo. É normal entón que me repita no tema arbitral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
Bruno Blanco Tourón
TRIBUNA
Diez kilómetros de responsabilidad
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Para cando pasear pola alameda?
Lo último