Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Leo bastante. Pero unha sentencia de Pla que teño no meu “blog” pode sorprender. Di: “O home que a partir dos trinta e cinco anos le novelas é un cretino”. En consecuencia, talvez non cabería esperar de min o eloxio dun novelista con motivo do seu pasamento. Talvez, pero dáse a casualidade de que era o único novelista vivo que seguía. Novelistas clásicos leo e releo a bastantes, pero todos están mortos. O último vivo que seguira fora Delibes e xa hai oito anos que faleceu, os mesmos ca da publicación da última novela de P. Roth: Némesis.
A sentencia de Pla é unha “boutade”, pero cun fondo de razón: a vida ensínalle ó home maduro que a realidade supera infinitamente á imaxinación, e que as intrigas e desenlaces das ficcións noveladas acaban perdendo interese fronte ás que nos vai propoñendo a vida a partir de certa idade incerta. Xusto desas propostas azarosas da vida e do impacto que teñen en nós foi do que escribiu Roth.
Roth nacera en Newark, cerca de Nova York, nunha familia xudía. E tanto Newark coma os xudeus aparecen repetidamente na súa obra; por iso algúns críticos o consideran un escritor rexional, o mesmo que por centrarse exclusivamente na sociedade americana. Trátase sen dúbida dunha apreciación inxusta: Roth sempre dixo que escribía sobre o que coñecía: por iso non debería estrañar que o fondo dos seus relatos, tanto o xeográfico coma o social, fose o propio, como tampouco que aparezan con frecuencia alter egos do autor nas súas novelas. Pero máis alá de todo iso, os temas de Roth son os universalmente importantes para o home maduro: o sen sentido da vida, o valor da memoria e da familia, a vellez, o impulso sexual (especificamente o do varón na súa decadencia física), a enfermidade, a morte... Si: Philip Roth non é autor para rapaces.
A min gústanme especialmente dúas novelas súas: Pastoral Americana (1997) e Némesis (2010). Na primeira analiza a fraxilidade do soño americano, ou o que é o mesmo, do soño occidental. Newark anos sesenta, familia exemplar de clase media: o pai, o “Sueco” Levov, é o prototipo do heroe americano, un xudeu atlético e louro, antigo ídolo deportivo e agora empresario de éxito; a nai, Dawn, ex-miss Nova Jersey, é unha beleza que cría gando nunha finca a carón da gran mansión familiar. Felicidade americana con Guerra do Vietnam ó fondo. Pero a única filla, Merry, activista fanática en contra da guerra, acaba participando nun atentado con bomba e vítima inocente, e desaparece da casa. A familia derrúbase e a felicidade remata... Edipo Rei: “ninguén se considere feliz ata o último día da súa vida.”.
En Némesis explora o efecto da enfermidade na sociedade. Verán de 1944, II Guerra Mundial de fondo, e outra vez Newark, co barrio xudeu de Weequahic, o natal de Roth. Desátase unha epidemia de polio –aínda non había vacina-. Nunha escola de verán a cargo de B. Cantor, un entusiasta profesor de 23 anos, comezan a enfermar nenos: uns quedan sans, outros paralíticos e outros morren... Versión americana da Peste de Camus, con reminiscencias da Montaña Máxica de Mann, centrada neste caso no sufrimento dos nenos. E dirixindo todo, coma sempre, o azar: “Toda biografía esta suxeita ó azar... o azar –a tiranía da continxencia- éo todo.”.
En Fin. Gran literatura dun dos grandes do século XX. Que se vai sen Nobel: coma Proust, coma Kafka, ...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Un mal trago para Sánchez
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La esperanza de un futuro digno para el Hotel Miño
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Lo último
SOCIEDAD FILATÉLICA MIÑO
Ourense recorre la Semana Santa a través de sellos
"INFLUIR" EN LOS RESULTADOS
El PP denunciará a Tezanos por “inflar” datos del PSOE
CONSERVACIÓN DO PAZO
Rueda avanza que a Xunta de Galicia quere a xestión de Meirás
REFORMA DEL CÓDIGO PENAL
Andorra considera como prostitución pedir y pagar contenido sexual online