Gonzalo Iglesias Sueiro
Pluralidade galega
O efecto do medo é perturbar o espírito” (díxolle o Quixote a Sancho…)
“Medo, teño moito medo”, murmuraba o Vello Republicano percibindo a orfandade do seu pobo o finar, nos últimos anos, as figuras máis senlleiras da loita contra a serpe que perturba a vida dos galegos máis conscientes e comprometidos.
Os lideres intelectuais do reino de Breogán, druídas do saber, foxen da realidade protexidos polos deuses Bandua e Nabia, que os refuxian no Punto Nemo. Nese lugar tenebroso, Antón Tovar goza da intimidade, só compartida co Demo Negro e co Peixe Dragón. Mentres, Alonso Montero conversa con Carlos Casares sobre o futuro das letras galegas, perseguidas polo sionismo expansionista que planifica o dominio global sobre as linguas a través da banca, da política e dos medios de comunicación; financiando os esenios para traducilas ao arameo.
Recén chegado Méndez Ferrín, pon énfase na necesidade de perdoar a Beiras o pacto con Yolanda Diaz, ambigua revolucionaria, namorada de Virgil Abloh. Tras estes avatares, non é de estrañar observar a Prado Lameiro escoitar con atención a Wenceslao Fernández Flórez a beleza da flora e da fauna do Bosque Animado. Ou o instruído Beiras gozar dun LP do virtuosísimo “pianista” García Sabell , coa seguridade de que poucos perciben que é a “Polonesa heroica” de Chopin, que ten engaiolado a Celso Emilio, quen acompaña ritmicamente os brazos, seguindo os compases que exaltan a patria polaca/ucraína da Galitzia do norte, hoxe bombardeada polo exército ruso. Todos foron, en vida, loitadores pola liberdade de pensamento, nunha Galiza plural e democrática. Porque viviron durante moitos anos baixo a cruel ditadura do xeneral F. Franco. Eles representan a pluralidade das ideoloxías, nas que poden citarse centos de pensadores que sementaron a tolerancia que une os pobos cun lema universal: “A conciencia é ceibe”.
Cando a ninguén se lle debía obrigar a obedecer en contra da súa conciencia, cada vez son menos os que teñen liberdade de pensamento.
Só a beleza da poesía, o compromiso coas liberdades, a defensa dos marxinados… pódese enfrontar ao nativismo, a sedución do populismo azul, ao instinto primario do depredador, aos xenófobos, aos racistas… Unha sensación de perder os dereitos acadados o longo de moitos anos ameaza a calidade de vida.
Chegan tempos no que dicir o que se pensa pode converterse nun delito (Silvia Intxaurrondo é un exemplo). Cando a ninguén se lle debía obrigar a obedecer en contra da súa conciencia, cada vez son menos os que teñen liberdade de pensamento. A ditadura é algo máis que unha angustiosa lembranza: é a estrutura do Estado, asentada nunha cimentación controlada polos poderes ocultos do “pensamento único”. Os inimigos da democracia invaden as rúas e as prazas, destruíndo e impoñendo odio, violencia, submisión e censura. O máis triste é que Felipe González se identifique co Cela delator e non co Cela escritor.
O Vello Republicano xa non ten medo, Valle Inclán é mellor escritor que Camilo J. Cela
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último