Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Coa globalización neoliberal o capitalismo optou polas altas taxas de desemprego e sobre todo pola precariedade no mercado laboral, con contratos a tempo parcial, temporais, fixos descontinuos, algo que xa era común na periferia, mais que se converteu en algo normal nos chamados “países do centro”. Axudou neste obxectivo, que aumentaban os lucros das grandes corporacións (non así de moitas das pequenas e medianas empresas) a deslocalización dunha gran parte da industria transformadora (que ten a clase traballadora máis organizada e mellores salarios), ao que se sumou a inmigración masiva de mau de obra. O proceso non se deu ao mesmo tempo en todas as potencias e os países do centro, dependendo do lugar que ocupaban na cadea de valor, mais este foi o proceso como norma xeral.
Algúns datos. A taxa de desemprego é do 10,6% no Estado español (EE), e na Galiza un chisco menor, o 8,7%. Un dato que aínda que semelle mellor na nación galega non o é se temos en conta o avellentamento da povoación pola baixa natalidade (no ano 2023 morreron 32.782 persoas e naceron 14.004). Ademais, mantense moi alta a taxa de emigración, co que isto implica, aínda que tamén houbese nos últimos anos unha forte entrada de inmigrantes polo medre do traballo precario. Agora ben, os anteriores son os datos da estatística oficial que, por exemplo, non inclúen aos fixos descontinuos en paro. Daquela que se considere que o desemprego real supera o 15% da povoación activa no EE e tamén é máis alto na Galiza. Consecuencias, o risco de pobreza abrangue ao 22% de persoas de “nacionalidade española” e sube 61,4% cando se trata dos inmigrantes de orixe non europea e ao 52% nas familias mono-parentais.
A taxa de desemprego é do 10,6% no Estado español (EE), e na Galiza un chisco menor, o 8,7%. Un dato que aínda que semelle mellor na nación galega non o é se temos en conta o avellentamento da povoación pola baixa natalidade (no ano 2023 morreron 32.782 persoas e naceron 14.004).
Son cifras moi altas que deixan en evidencia a desigualdade, a precariedade, que en determinados colectivos é alarmante, e que reflicten que ademais das que están no paro unha gran parte das persoas que traballan non conseguen os recursos mínimos pra vivir dignamente. Daquela é lóxico que haxa postos de emprego que non atopen quen os ocupe (salarios baixos, xornadas moi longas ou que consumen o día, altos gastos de desprazamento, etc.). As cen mil persoas que están nas listas de desemprego deixan en evidencia que sobra man de obra. Se a iso sumamos a cada vez maior concentración da renda en contadas corporacións e grandes fortunas, e en moi poucos territorios, e un aumento da mau de obra de reserva, temos un marco económico, laboral e político dominante.
Como consecuencia da situación social, laboral e política, dun capitalismo que está na súa etapa senil (como o caracterizaba Samir Amin) aumentou a precariedade, así como a fragmentación da clase traballadora, tanto sexa polo tipo de contrato, ou por razóns culturais, lingüísticas e nos obxectivos económicos e sociais que se fixa. Daquela que, por exemplo, a integración dos/as inmigrantes na clase e na nación galega sexa unha tarefa necesaria. Tampouco axuda na conquista de melloras salariais e nas condicións de traballo aquel sindicalismo que todo o centra no pacto posíbel nun principio, deixando nun segundo lugar a mobilización como valor esencial a prol da clase traballadora. Os bos resultados son consecuencia na maior parte das veces da acción colectiva, que vincula en todo momento as reivindicacións a corto prazo cos obxectivos estratéxicos, o particular coa xeral.
Como consecuencia da situación social, laboral e política, dun capitalismo que está na súa etapa senil (como o caracterizaba Samir Amin) aumentou a precariedade, así como a fragmentación da clase traballadora, tanto sexa polo tipo de contrato, ou por razóns culturais, lingüísticas e nos obxectivos económicos e sociais que se fixa.
O reto demográfico, a loita contra a pobreza, a defensa da cultura e lingua propias, están vencellados co sistema económico-social, co papel que teñamos como clase traballadora e país. É esencial a mobilización pra garantir o emprego e a xustiza social. Hoxe é posíbel transformar onde organización da clase traballadora é forte, organizada, disputa o relato, como protagonista da conxuntura e da construción do futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar
Lo último
FUERON SUBVENCIONADOS
China lanza aranceles de hasta un 42,7% a los lácteos de la UE
ESCÁNDALO EN LA IGLESIA
El papa León urge a una formación de los candidatos a sacerdotes frente a los abusos
"LA SOBERBIA DE GUARDIOLA"
Abascal no descarta pedir que Vox entre en el Gobierno junto a María Guardiola