¿Pode o propietario/a cortar suministros ao ocupante da súa vivenda?

DIARIO LEGAL

Publicado: 14 sep 2026 - 06:10
Edificio.
Edificio. | La Región

O Tribunal Supremo o clara nunca importante sentencia, (Sala Segunda, nº 426/2026 de 24 de xuño), na que se fixa doctrina establecendo que, o propietario/a dunha vivenda ocupada ilegalmente, non comete delito de coaccións, si lle corta os suministros de auga, luz ou gas.

Ata entonces, existían sentencias que condenaban aos propietarios/as que cortaban os suministros aos ocupas.

O Tribunal, fundamenta este cambio e novo criterio, en que o propietario/a non está obrigado a financiar os servicios de quen ocupa o inmoble, e aquí está a clave, sen lexítimo título. Impedir cortar os suministros, suporía un enriquecemento inxusto do ocupante.

Decíamos que a clave é a expresión ocupante sen lexítimo título, porque cando quen ocupa a vivenda ten un dereito para permanecer nela ou este dereito sexa interpretable, como pode suceder nun contrato de arrendamento, no que, ata que exista resolución do contrato por incumprimento, ata que se acredite este último, se presume que existe dereito a permanecer na vivenda.

Durante o proceso de divorcio, a esposa permanecía na que fora a vivenda familiar, pero, pagando o esposo o suministro eléctrico, o cal, procede a dar de baixa para que a esposa abandonase o inmoble, provocando que ela, estivera varios días sen luz na vivenda.

É dicir, non se poden cortar os suministros como medio de presión, para forzar o desaloxo do inmoble, xa que, esta conducta, sí que podería constituír un delito de coaccións. Débese de esperar a ter o amparo legal, unha sentenza que dé por resolto o contrato e ordene o desaloxo.

Tal e como sucede no caso analizado polo Tribunal Supremo nesta sentencia:

Durante o proceso de divorcio, a esposa permanecía na que fora a vivenda familiar, pero, pagando o esposo o suministro eléctrico, o cal, procede a dar de baixa para que a esposa abandonase o inmoble, provocando que ela, estivera varios días sen luz na vivenda.

Por estes feitos, o esposo foi condenado por un delito de coaccións do artigo 172.2 e 3 do Código Penal, como pena principal a 9 meses de prisión.

Por tanto, ser titular do contrato de suministro non lexitima para cancelar o mesmo, cando esto, supón un mecanismo de presión frente a quen está na vivenda lexítimamente. Como diciamos, si existe conflito, controversia ou debate sobre quen debe asumir os gastos de suministros, ou sobre o dereito de uso da vivenda, débese de acudir aos procedementos legais e xudiciais correspondentes, nunca actúa mediante vía de feito.

Pero ¿que se entiende por lexítimo título?

A sentencia, considera especialmente sensibles os supostos no que a persona ocupante ostente unha posición de protección, incluso cando non esté pagando a renta de aluguer. Entre outros, poderían entenderse como ocupantes con lexítimo título: o inquilino/a; copropietario/a; exmarido, exmuller,; e calquera ocupante pendente de resolución xudicial sobre o seu dereito de permanecer na vivenda.

Nestes casos, cortar os suministros como medio de presión, pode ter consecuencias penais.

Contenido patrocinado

stats