Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
DIARIO LEGAL
Existen varios graos de incapacidade permanenete e non todos permiten o desenvolvemento de actividade laboral que sexa compatible coa pensión e, no caso de ser compatible coa mesma, sempre estará supeditado a uns requisitos e limitacións.
O punto de inflexión marcao a Sentenza 1996/2024 do Tribunal Supremo, que supón un cambio na doctrina respecto á compatibilidade da incapacidade permanenete e o desempeño do traballo, concluindo que unha incapacidade permanenente en grao absoluto ou unha gran invalidez, non son compatibles co desempeño de calquera actividade laboral que implique o estar dado de alta na Seguridade Social, ben sexa en réxime xeral ou no RETA. De darse esta situación, a pensión quedará suspendida ata que se cese na actividade laboral.
Esto tamén podría implicar que o INSS iniciase un expediente de revisión de incapacidade por entender, - posto que existe desempeño de actividade laboral-, que a persoa experimentou algún tipo de mellora médica que pode chegar a implicar a perda de prestación de incapacidade permanente.
Desta maneira, déixase atrás o criterio anterior que sí permitía que unha persoa afecta á unha incapacidade permanente en grao absoluto ou gran invalidez, puidera desempeñar actividade laboral sempre e cando as actividades foran compatibles co estado do incapacitado e non representen un cambio na súa capacidade de traballo a efectos de revisión. Todo elo levou ao cambio de criterio do INSS, nº11/2024 en xuño e á entrada en vigor da Lei 7/2024 en decembro, adaptando o texto ao fixado polo Tribunal Supremo.
A maiores, dende o 01 de maio de 2025, está vixente a Lei 2/2025, que brinda unha alternativa aos preceptores da incapacidade total, absoluta e gran invalidez, -excluindo a incapacidade parcial-, que poden elexir quedarse na empresa e non cobrar a prestación para seguir traballando con axustes no seu posto de traballo ou ben noutro posto vacante e que sexa adecuado á persoa, pero sin que calquera das opcións supoña un excesivo coste para a empresa, contando a persoa traballadora con 10 días naturais para comunicalo á empresa.
Respecto ao voluntariado, sí é compatible e posible desempeñalo estando afecto a unha incapacidade sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos: a actividade ten que ser altruista e non retribuida, non xerando inclusión no sistema da Seguridade Social, (asociacións sen ánimo de lucro, culturais, educativas, de cooperación); que a actividade que se desempeñe sexa adecuada á capacidade da persoa sin que poida supoñer unha melloría que motive unha revisión; que a actividade non implique ningunha contraprestación económina, únicamente os gastos xustificados de desprazamento e que, por suposto, non supoña o encubrimento dunha relación laboral.
Polo que, un voluntariado con retribucións fixas asimilables a un salario, non sería compatible cunha incapacidade en grao absoluto ou gran invalidez, pero sí podería chegar a selo cunha incapacidade en grao total, sempre que as dolencias ou patoloxías que deron lugar a esa prestación non sexan incompatibles, posto que neste tipo de incapacidade sí se contempla a compatibilidade laboral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador