Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Odiadores
DIARIO LEGAL
Viaxar, xa sexa ao estranxeiro ou dentro do país, mentres se está de baixa médica non está prohibido, pero hai certas normas que se deben de ter en consideración se nos atopamos nesta situación.
A resposta rápida é que si, si se pode viaxar estando en situación de baixa médica, e o pero é que esa viaxe, ese desprazamento non pode interferir na recuperación e non pode contradicir a situación laboral da persoa. Esa viaxe debe estar autorizada polo médico e debe ser compatible co tratamento ao que se esté sometendo a persoa.
Si a viaxe retrasa a curación, a perxudica, ou ben, esa viaxe, evidencia -que polas actividades que se realizan- que a persoa é capaz de desenvolver a súa profesión, atopariamonos ante unha situación que é contraria á situación de baixa médica, situación que debe evitarse tanto dende a perspectiva da Seguridade Social como da empresa.
Polo que, a primeira clave nesta cuestión, para evitar riscos e incumprimentos é solicitar autorización ao médico para poder viaxar e que a viaxe sexa compatible coa patoloxía que causa a situación de incapacidade, isto é, ante unha situación na que se está de baixa, por exemplo, por unha luxación da rótula, non resulta compatible realizar unha viaxe para facer trekking.
En resumo, viaxar durante unha baixa por enfermidade non é un dereito absoluto; pola contra, está condicionado a protexer a saúde e a garantir que a viaxe non interfira na recuperación.
Sobre a autorización previa ao médico, a xurisprudencia non considera este paso como unha obriga pero si moi recomendable que se faga, para evitar futuros conflitos.
Pero, cando pode considerarse infracción?, pois cando a pesar de non ter autorización do facultativo/a ou ter constancia de que é perxudicial para o tratamento, se fai igual, tamén cando, no caso de continxencias profesionais, non se lle comunica á mutua correspondente e, por suposto, cando a persoa non acode ás revisións pautadas polo INSS ou pola mutua. Por outra banda, dende o punto de vista empresarial, se se proba que a persoa pode realizar perfectamente o seu traballo, podería ser motivo para abrir un expediente sancionador ao traballador/as.
As consecuencias directas son, de cara ao INSS ou á mutua, a suspensión temporal da prestación, como medida cautelar, cando non se acode ás revisións previstas, de acordo ao RD 625/2014 do 18 de xullo, pola que se regulan determinados aspectos da xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal durante os primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, contando cun prazo de 10 días para presentar alegacións e xustificar a ausencia.
De cara á empresa, viaxar ao estranxeiro durante unha baixa por enfermidade, se demostra que non se está incapacitado para desempeñar as funcións laborais, pode constituír o que se coñece como unha vulneración da boa fe, o que pode conlevar, como medida sancionadora final, o despido disciplinario do traballador/a, tendo que probar a empresa a aptitude do traballador/a para o desempeño do posto.
En resumo, viaxar durante unha baixa por enfermidade non é un dereito absoluto; pola contra, está condicionado a protexer a saúde e a garantir que a viaxe non interfira na recuperación.
Ao mesmo tempo, é importante ter en conta que a baixa por enfermidade non “consume” os días de vacacións; poderán desfrutarse unha vez que remate o período de incapacidade temporal e se acorden as datas coa empresa, polo que debe actuarse con atención ás normas establecidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
VÍCTIMAS DE LA DICTADURA
Argentina recuerda a los 307 españoles asesinados o desaparecidos durante la dictadura militar