Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Quere o asubío penetrar por entre as silveiras do monte perdido, pero o ruído é tan intenso que se afoga xa no carreiro da ignorancia. En moitos carreiros hai sinais para que saibas que un chisco máis alá pode estar o esquecemento dunha vida que quixo ser pero que quedou nunha simple páxina en branco, é dicir, en algo moi pobre, moi triste. Non hai maior tristeza que non saber que dicir. Ou que non saibas soñar. Soñemos un percorrido por entre a néboa e co asubío nos beizos. Soñemos os soños nos brazos de Morfeo. Cae unha grosa galla dun carballo e atranca o carreiro. É aí cando dubidamos entre arrodear a galla ou volver para atrás, entre plantarlle cara ás inclemencias da propia vida ou pechar os ollos e recoñecer que somos inoperantes para loitar contra as adversidades dos soños. Case sempre queres amar pero, ás veces, non te deixan. Non queda outra que ser feliz á túa maneira. Así de simple e así de sinxelo. Quere o latexo do corazón percorrer a distancia entre un si e un non, pero hai pensamentos que non conseguen ir máis alá dun metro, máis alá do mar. Porque non te deixan avanzar. Non queda outra, entón, que asubiar pola esperanza dun sentimento. Asubía e espera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
Lo último