Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
Si nos fixamos en academias que teñen un funcionamento contrastado no eido linguístico, como a Real Academia Española, vemos que as verbas novas que se incorporan ó dicionario son as que a citada academia considera que son merecentes de selo, polo tempo e a importancia do seu uso na rúa ien determinados medios de comunicación.
A Real Academia Galega, pola contra, fai o proceso ó revés. Primeiro "inventa" verbas como grazas, baralla, proxecto, traxectoria, arraianos, cuxo, etc.; méteas no acervo oficial como de uso obrigadom, e despois, recuncando "ad nauseam", todolos fideles segidores do oficialismo rampante adscríbense ó ditamen oficial e contribúen con todo entusiasmo á desfeita do galego. Supoño que a determinación da RAG niste caso, de habela, vai ser unha decisión salomónica pra contentar a todos, e mais tamén por ser a mais lóxica: incluír os dous termos paritariamente.
Deixando a un lado que polbo é (ou era) o nome que lle da a xente da costa e pulpo a do interior, coma coensecoencia lóxica de que polvo é o nome antes de ser pescado, e pulpo, despois de selo -igual que é peixe no mar, e pescado en terra-, e sin entrar no tema de que os dous son enxebremente galegos e que se non poden determinar con certeza argumentos de antigidade, non debería ser un atranco tér os dous termos, do mesmo xeito que o non hai pra ter Pepe e Xosé, ou xou ba e parrocha, ou rabada e peixe sapo, etc. Da a impresión de que moita xente gosta da discusión. Menos mal que, tal como eu o vexo, a RAG, en contra do seu costume, vai deixar contentos a todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados