Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La vivienda, el último fracaso
E non fai falta que lles xure que alí mandan moito. Moitísimo. Non é que lles dea por fabricar as borrascas –que se se poñen a elo, fano- pero, miren que cousas, é alí onde as bautizan. Si señor. E quen o fai? Como, por que e para que? Pois cóntollo que non ten desperdicio e así vemos tamén o listos que son e a falla de complexos que teñen.
Resúlta que na Freie Universität Berlin teñen un Institut für Meteolorogie, que é o que se encarga alí deses temas, estudaron a situación. Os americanos do National Hurrican Center , dependente do National Weather Service, empezaron en 1950 a poñerlle nomes aos furacáns porque era máis fácil que andar con coordenadas de meridianos e paralelos, sobre todo con dous ao tempo sobre o mapa. Ao principio, disque por galantería, puxeron só nomes de muller. Andando o tempo, viñeron as protestas, e desde 1979 hai tamén varóns polo aire en listas cremalleira. Neste 2014 serán Arthuer, Berta, Cristobal, Dolly, Edouard, Fay, Gonzalo, Hanna... e se hai máis furacáns que letras, pois chámase o resto pola grega: Alfa, Beta, Gamma. Os nomes están collidos ata 2018. E os alemáns pensaron que eles podían desde o Institüt bautizar tamén as borrascas que viñan sobre Europa e, de paso, tamén os anticiclóns e aquí ven o sorprendente, facer algo de caixa para pagarlles aos bolseiros. Meu dito meu feito. Se escriben en Google "Adopt a Vortex" chegan directamente ao lugar adecuado. En fin, que apadriñar unha borrasca vén custando 236,81 euros, e un anticiclón, algo máis: 355,81 euros. E como hai ben máis borrascas e anticiclóns que furacáns, o abecedario dá varias voltas –como os números na consulta do Seguro-. Anímense que quedan libres para a segunda volta desde ano, Q, W e X. E cando non dan atraído paganinis, meten en ebay as iniciais libres. Pero hai moita demanda e últimamente cóbrese coas peticións directas. En fin, que a cousa, moi alemá ela, acaba co envío á persoa de quen colle o nome, un certificado completo de bautismo meteorolóxico, traxectorias, intensidades, etc. desde o "Institüt für Meteorologie" da Universität. Moita seriedade. Moitos son caprichos de namorados. E nas denominacións, tamén cumpren a lei de igualdade. Nos anos pares, as borrascas son femias e os anticiclóns machos, e nos impares, xusto o contrario. E non se poden poñer máis ca nomes ou alcumes propios, nunca apelidos, nomes comerciais, etc. En fin, estou desexando chegue David, o próximo anticiclón, comprado por un tal David Fuchs, empresario de sintasol da cidade termal alemá de Bad Salzuflen. E que está todo na rede, neste mundo tan complicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La vivienda, el último fracaso
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Do realismo conservador
José Luis Fernández Carnicero
O PSOE de Ourense xoga con lume
Alfredo Conde
A TRIRITA
Fáltanos a capacidade de autocrítica dos ianquis
Lo último