Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou a semana pasada a súa asemblea anual, conseguiu a materialización dun acordo que fará historia. Por fin, despois de moitas negociacións, a Administración Central e a Xunta de Galicia asinarán un convenio para introducir a lingua galega no programa informático Atenea, respondendo asi á demanda dunha boa parte de funcionarios, xuíces, fiscais e operadores xurídicos.
Con esta reflexión convócanse os XXIX Premio Peña Novo, que serán entregados no Castelo de Soutomaior o próximo día 3 de xullo ás 19:00 horas
Asinouse tamén outro convenio que partillan a Irmandade Xurídica Galega, Colexio Notarial de Galicia e Consellería de Cultura. Este acordo fará posible a galeguización dos protocolos notariais por mor da introdución do Formulario Notarial en lingua galega nas aplicacións informáticas. A maiores, o señor decano, Xosé Manuel Graiño, comprometeuse a desenvolver algunhas accións puntuais máis para motivar á cidadanía optar polo uso da lingua galega nos instrumentos xurídicos que lles afecten.
Estas dúas accións removerán os atrancos para que a cooficialidade lingüística sexa real e efectiva. Mais o certo é que, como dixo o Sr. Reitor na súa alocución de peche da Asemblea, “é importante que a cidadanía se implique e demande os dereitos lingüísticos que o ordenamento xurídico ampara. De nada vale que as administracións públicas oferten a posibilidade do uso da lingua galega se a xente permanece inerte, instalada nas sinerxías do monolingüísmo en castelán”. Da actitude da xente depende que o futuro do galego acade espazos de usos máis amplos e decisivos.
Con esta reflexión convócanse os XXIX Premio Peña Novo, que serán entregados no Castelo de Soutomaior o próximo día 3 de xullo ás 19:00 horas. Naquel escenario recibirán en acto público o recoñecemento dos Premios Lois Peña Novo. Os galardoados son exemplos que deben ser imitados. Velaí os seus nome:
Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo. Este órgano provincial está encargado da defensa xurídica da propia administración, pero tamén de todos os concellos do seu territorio. O tráfico xurídico que xeran esas sesenta e sete administracións locais é de tal magnitude que ao tramitarense en lingua galega, e solicitar expresamente que xulgados e tribunais de xustiza diten resolucións e sentenzas en lingua galega invocando o artigo 7.2. da Lei de Normalización Lingüística, galeguizarase a Administración de Xustiza con maior ritmo.
Outra premiada será Dona Esther Estévez Casado, xornalista e comunicadora, que vén desenvolvendo o seu labor na área de información da TVG, recoñecendo o seu firme compromiso coa promoción e normalización da lingua galega, destacando como presentadora do espazo “Dígocho eu”, un proxecto innovador de formato breve que combina pedagoxía e creatividade para achegar a lingua galegas novas xeracións.
Outro premiado: Don Miguel Anxo Seixas Seoane, doutor en Historia da Arte Moderna e Contemporánea; un dos máis sobranceiros investigadores da historia de Galicia. O seu traballo académico salienta especialmente polo estudo da figura de Castelao. A súa voluminosa e documentada obra “Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación” é o maior compendio publicado con rigor sobre o egrexio galeguista.
Todos os tres premiados son conscientes das dificultades nas que se atopa a lingua galega. Mais fronte a esa complexa realidadenon permanecen impasibles, fronte ao pesimismo da razón (as estatísticas ofrecen malos resultados) reaxen co optimismo da vontade. Non hai valados infranqueables.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último