Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Sacrificium
Prezado Isaac, imperdoable sería non referir que a Real Academia Galegas de Belas Artes lembrou onte a Díaz Pardo por figura, forma, e gratitude a vaca ordeñada nesta libreta. Imposible non lembralo cando un académico peta varias veces co aviso de que a “laudatio” do homenaxeado polo día das Artes Galegas no Teatro Principal de Santiago leva o trazo de Xosé Díaz, como académico e como fillo.
Agradécese sempre toda suxestión para enfiar o tema de cada día, pero nesta ocasión non era necesario. O chófer de anécdotas débelle unha a Isaac e unhas cuantas ao académico, que engadiu ao recordatorio material para un artigo longo. De Díaz Pardo hai moito debullado e o que falta dará conta o seu fillo maior, Camilo, na biografía que ten no forno, segundo contou Víctor F. Freixanes, o xa expresidente da RAG.
O chófer de anécdotas débelle unha a Isaac e unhas cuantas ao académico, que engadiu ao recordatorio material para un artigo longo.
Impresicindible ler a Isaac, o mellor pintor que dou Galicia, segundo sostiña Alfonso Paz Andrade. Deixouno para non alegrar a vista dos que podían pagalo. Poucos libros hai mellor escritos que “Galicia hoy y el resto del mundo”, un alegato contra a ditatura franquista publicado en 1966 e que sementou arelas de cambio na xeración que o homenexea.
En novembro de 2008, cando o chófer de anécdotas traballaba con Iago Martínez no caderno de lanzamento de ‘Xornal de Galicia’ ocorréusenos que a firma de Díaz Pardo encabezase a declaración de intencións logo da sinatura de José Luis Gómez, o director. Baixo a cortesía de prezados, chegou unha carta desculpando a colaboración e manifestando bos desexos cunha caligrafía azul tan fermosa que decimos reproducila a toda páxina baixo o título “Co prace de Isaac Díaz Pardo”. Non se amolou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Sacrificium
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
No al Mundial 2030, y menos con Marruecos
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Mark Ritchie e a morriña das ondas
Clara Vázquez Maldonado
DIARIO LEGAL
Desde el 5 de octubre las empresas deben dar más información sobre las condiciones de trabajo
Lo último
CENTRALES REVERSIBLES
Trece proyectos pugnan por crear megabaterías en los ríos de Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 19 de octubre?