Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Do realismo conservador
O pasado mércores día 30 de setembro de 2026 presentouse no Liceo de Ourense unha experiencia moi interesante. Trátase da aventura de cinco amigos ao longo do río Miño en 1985. Co apoio da Deputación e da Xunta puideron montar unha exposición de fotografía e organizar unhas conferencias relatando detalles técnicos das canoas que construíron e da planificación e anécdotas da aventura. A todo isto, o presentador agradeceu ao Liceo de Ourense a cesión do Salón Nobre, pois do Concello só recibiu improperios por presentar a súa petición. E chegados a este punto, as olladas céntranse na “estratexia razonada” do PSOE de Ourense, facilitando a que o titular do Concello siga facendo que esta cidade navegue sen rumbo. Este personaxe nunca coñecerá o que significa ter autoridade e respecto cos veciños, porque exerce a autoridade de arriba abaixo e calquera proxecto que non lle sexa rentable, queda vilipendiado no esquecemento.
Resulta moi repetitivo relatar todas as iniciativas culturais, proxectos sociais ou termais que esmorecen ao longo destes anos de improvisación; pero cunha oposición dividida, as decisións do Partido Socialista de Ourense enfouzan máis e a situación vaise enquistando paseniño. Só nos queda a voz dos veciños, que volverán cobrar unha axuda económica por ser de Ourense, e decidirán se segue adiante un partido que medra a carón dun proxecto pantasma de cidade. Para iso, o PSOE ten o vicio de razoar o que non ten razón de ser.
A estampida no último pleno de orzamentos é unha “performance” que mostra a debacle que terá nas próximas eleccións, facendo que o Partido Popular e BNG de Luís Seara teñan a maioría do pleno.
A estampida no último pleno de orzamentos é unha “performance” que mostra a debacle que terá nas próximas eleccións, facendo que o Partido Popular e BNG de Luís Seara teñan a maioría do pleno. Lembro as palabras de Emilio Pérez Touriño cando no seu libro falaba das presións á que se viu sometido para poder ser investido presidente da Xunta. Esas presións procedían do mesmo que quixo arranxar o PSOE de Ourense na década dos anos 90, e o modelo de renovación seguiu dando tombos ano tras ano. Por outra parte, están os apoios a DO, procedentes dos descontentos doutros partidos, e iso si que ten mal arranxo. Que llo digan a moitas persoas, históricos doutros partidos, que xa non saben a ideoloxía na que militan.
Xa hai moito tempo que algúns xogan con lume e queiman a confianza dos veciños de Ourense. Esto potencia a falta de respecto que se sigue normalizando na nosa sociedade, e que ten moitos problemas á hora de reconducila cara eses valores que tanto apreciamos. Os mesmos que nos enriquecen como seres humanos que razoamos, pensamos e decidimos. Pero no caso que nos ocupa hoxe, está por medio o ter poder para gobernar e administrar o diñeiro público. Así xurde a pregunta: vale a pena queimarse polos obxectivos? O pobo é quen máis ordena. Haberá que esperar con paciencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Do realismo conservador
José Luis Fernández Carnicero
O PSOE de Ourense xoga con lume
Alfredo Conde
A TRIRITA
Fáltanos a capacidade de autocrítica dos ianquis
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Faílde
Lo último