Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
En España e, según os últimos datos aportados polo Instituto Nacional da Seguridade Social, hai 948.476 persoas beneficiarias dunha pensión de incapacidade permanente. Moitas destas persoas, ao acercarse a idade ordinaria de xubilación, pregúntanse qué pasa coa pensión de incapacidade permanente que viñan percibindo.
O primeiro que debemos de ter en conta é, que salvo algunhas excepcións, a pensión de incapacidade permanente é incompatible coa pensión de xubilación. Isto non quere decir que ao chegar á idade de retiro profesional se perda o dereito á pensión, senon que soamente é posible cobrar unha delas sempre que se atopen baixo o mesmo réxime.
A persoa beneficiaria da pensión de incapacidade permanente cando chega á idade legal de xubilación, deberá optar por continuar percibindo a prestación de incapacidade producíndose un cambio de denominación da pensión sen afectar ás condicións da mesma, salvo que a incapacidade derivase de enfermidade profesional ou accidente laboral, supostos nos que o número de pagas son 12, pasando a 14 no momento da conversión a pensión, ou ben, a persoa beneficiaria poderá optar pola pensión de xubilación, que se cumpre os requisitos de cotización, será probablemente máis favorable. Neste segundo caso, realizarase por parte da Seguridade Social un recálculo da prestación tendo en conta todas as cotizacións do beneficiario/a, incluidas as que no seu momento se empregaron para o cálculo da pensión de incapacidade permanente que viña percibindo e que, a partir deste momento, se extingue.
Existe un suposto de compatibilidade da pensión de incapacidade permanente e pensión de xubilación en rexímenes distintos. Iste é o caso da pluriactividade, cando se cotiza en dous rexímenes diferentes ao mesmo tempo (por exemplo no réxime xeral como traballador/a por conta allea e no réxime de autónomo, como traballador/a por conta propia) .Deberá de terse en conta que non será posible a compatibilidade entre duas pensións, cando para calcular a pensión de incapacidade permanente se tiveron en conta as cotizacións dos dous rexímenes, esto é, si para xerar o dereito á pensión de incapacidade permanente houbo que acudir ao réxime onde ahora se pretende obter a pensión de xubilación. Neste caso haberá que optar por unha delas.
Se as cotizacións do réxime polo que se recoñece a xubilación serviron únicamente para cuantificar o importe da incapacidade permanente, pero pódese prescindir de ditas cotizacións e se mantén o dereito á incapacidade permanente, terase dereito a ambas.
Neste suposto cada unha das pensións calcularase coas cotizacións de cada un dos rexímenes nos que se cotizou, sendo necesario así, recalcular a pensión de incapacidade permanente.
En todo caso, o sistema de pensións está configurado para dar cobertura ao seus beneficiarios en calquera destas situación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano