Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, Vila Morena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora, quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que Pedro Sánchez Pérez-Castejón, Alberto Núñez Feijóo e, se acaso, Yolanda Díaz Pérez e Santiago Abascal Conde souberan ler e entenderan os adentros e o falar do presidente da República Popular China, Xi Jinping; do presidente de Estados Unidos, Donald John Trump, e de Vladímir Putin, presidente da Federación de Rusia. Se fose así, sería outra cousa.
Seguindo o ditado polo empresario, os nenos e rapaces tiñan prohibida a entrada. Mentres tanto, unha señorita loura e de saia axustada ou aquel outro de traxe con chaqueta recortada, podían entrar, comer e beber, con cadanseu cadelo ou cadela ao lado
Sería moi interesante e clarificador escoitalos falar, un a un e con sinceridade, da súa capacidade para fornecer armas convencionais, para os negocios de matar e morrer no mundo pobre. Quen morre na guerra, quen chora e quen pasa fame? Os que teñen os datos e capacidade para manexar os algoritmos sábeno ben. Eles tamén saben onde está o poder.
Aquí, dicía o avó do amigo Lisandro, mandan os cartos e despois o can. O can de calquera raza que sexa, incluso o can da ama, é quen manda. Se vostede, lector ou lectora deste xornal, algún día se atopa con Lisandro, escoitaralle contar o caso do restaurante no que só podían entrar adultos, segundo se indicaba nun letreiro discretamente colocado na parte dereita da porta de fóra.
Seguindo o ditado polo empresario, os nenos e rapaces tiñan prohibida a entrada. Mentres tanto, unha señorita loura e de saia axustada ou aquel outro de traxe con chaqueta recortada, podían entrar, comer e beber, con cadanseu cadelo ou cadela ao lado. Eran animais de compañía. Era a evidencia de que aquí, quen manda é o can ou a cadela, de calquera raza e de calquera cor que sexa.
O importante é o respecto e a consideración ás persoas, aos animais e ao medio ambiente. E en favor dese respecto, cómpre establecer diferencias entre a lealdade do can e a humanidade do neno. Cómpre albiscar a tristeza da sociedade que perde aqueles valores tradicionais e prezados. A Tía Manuela diríxese aos mandatarios que reparten o mundo e que o gobernan, con contundencia no seu falar, para recordarlles que “a terra, o aire, o mar, a diversidade, a vida e o firmamento son de todos. E, os algoritmos teñen que resolver con ese principio poderoso e irrenunciable”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas