El ser querido

¡Buone visioni!

Esteban Martínez (Javier Bardem) e a súa filla Emilia (Victoria Luengo
Esteban Martínez (Javier Bardem) e a súa filla Emilia (Victoria Luengo

Rodrigo Sorogoyen está considerado polo público e a crítica como un dos referentes do cinema español contemporáneo entre os cineastas que debutaron á gran pantalla nos últimos quince anos. “El ser querido”, o seu último filme, chegou ás pantallas hai un par de semanas, e xa está entre as películas máis debatidas desta tempada cinematográfica.

O filme, outra vez coescrito polo director xunto con Isabel Peña, encaixa dentro do “cine dentro do cine” , un xénero cinematográfico onde o cinema reflexiona sobre se mesmo ou está no eixe da narración e onde, a veces, a realización dun filme convértese no escenario onde se desenvolve unha historia. “El ser querido” móvese arredor do reencontro entre o cineasta Esteban Martínez (Javier Bardem) e a súa filla Emilia (Victoria Luengo). O director está considerado unha lenda tanto polas súas películas como polo seu pasado marcado pola violencia e os excesos. Abandonou a filla cando era un adolescente para regresar despois de 13 anos e ofrécelle un papel para a súa nova longametraxe. A convivencia entre os dous e o resto do equipo nas localizacións desérticas onde se grava o filme, fomentará unha proximidade que non compartiron en anos, pero tamén contribuirá a reabrir vellas feridas...

Sorogoyen recurre ao “cine dentro do cine” para desmontar o ideal mitificado do cineasta autoritario, da figura do xenio que normaliza a agresividade e a manipulación psicolóxica no plató. Alfred Hitchock, Stanley Kubrick, Ingmar Bergman, Bernardo Bertolucci, son só algúns dos exemplos de cineastas que utilizaron métodos extremos durante as súas rodaxes segundo a filosofía de “o fin xustifica os medios”. Sorogoyen sabe describir moi ben a ambiente da gravación, as relacións entre os membros do equipo e o desgaste físico e emocional que se vai creando ao longo dunha filmación. Tamén o cineasta xoga coa tensión nun “crescendo” que vai culminar na escena –quizais a mellor do filme– da comida. O filme apóianse exclusivamente sobre primeiros ou primeirísimos planos para atrapar o espectador na incómoda realidade que están a vivir os protagonistas. Ademais o director sérvese do branco e negro para evidenciar o peso do pasado, a memoria e as feridas que non se poden cicatrizarse. En xeral, “El ser querido” é un filme moi falado ao que se suman outros recursos formais máis aló do branco e negro. Así que é unha película que avanza máis por capas, máis ben por acumulación que por subtracción. É impecable formalmente, moi ben interpretada, pero que ao igual resulta moi sobrecargada -por veleidade do seu autor non porque a historia requíreo- e precisamente por isto, colócase un paso atrás con respecto a outras películas máis redondas da filmografía do director.

Curiosamente “El ser querido” comparte case a mesma premisa argumental de “Valor sentimental” de Joachim Trier, estreada o ano pasado. En ambas películas fálase dun reencontro familiar e artístico, a partir dun vínculo familiar roto. Ao igual nos dous filmes hai un pai que é un director recoñecido e a súa filla está vinculada ao mundo da interpretación. A nova película do cineasta é o pretexto, a escusa profesional para recompoñer unha relación a través do “poder salvífico da sétima arte”. A gran diferencia entre os dous filmes está en que “Valor sentimental” era portavoz de valores profundamente tradicionais –a maternidade como obxectivo, a familia tradicional como fogar, só por citar algúns– e tiña un final reconciliatorio, moi ao estilo da vella escola de Hollywood. “El ser querido” vai un paso máis aló. O axuste de contas entre pai e filla deixa un final cut sen redención. En “El ser querido” critícase profundamente e con valentía unha maneira de facer cine. A filla destrúe a narrativa do pai e, ao acabar a película, os dous volven a facer vidas separadas, cada un aceptando a súa propia dor e intentando convivir con ela.

En cartelera | “Un plan perfecto” llega para todos los públicos a los cines

Los estrenos cinematográficos de la semana llegan liderados por el esperado retorno fantástico de “Prácticamente magia 2”, donde Sandra Bullock y Nicole Kidman encarnan de nuevo a las hermanas Owens bajo las órdenes de Susanne Bier para librar a su linaje de una oscura maldición.

En la comedia “Un plan perfecto”, dirigida a un público familiar, Leo Harlem y Jordi Sánchez interpretan a una caótica familia al borde del desahucio que intenta atracar un banco tras descubrir un túnel secreto en su casa.

Dentro del género de intriga, la propuesta española de Hugo Stuven, “El nido”, muestra la angustia de una madre que encierra a sus seres queridos para resguardarlos del exterior. Por su parte, la cinta “Bad Apples” explora el límite docente cuando una profesora retiene por error a un alumno rebelde.

La cartelera se completa con varios dramas que analizan las complejas dinámicas de parentesco: la pérdida y el duelo se exponen en el largometraje “Forastera”, los lazos y desafíos afectivos de la maternidad en “Mothers’ Babies”, además del tenso y conflictivo viaje por carretera hasta Francia entre un padre y su hijo en “Lionel”, ópera prima de Carlos Saiz.

Contenido patrocinado

stats