José Luis Fernández Carnicero
Compaixón
“E Xesús percorría todas as vilas e aldeas, ensinando nas sinagogas deles, proclamando o Evanxeo do Reino, e sandando toda enfermidade e toda doenza. E vendo a multitude tivo compaixón dela”
(Mateo 9:36)
Moitas persoas pensan que Xesús estivo neste mundo e non fixo unha serie de cousas que para algúns resultan moi importantes como: escreber un libro, o formar unha familia. A razón de vir a este mundo de forma excepcional tiña un obxectivo que foi deseñado desde a eternidade: dar a súa vida por todas as persoas e despois resucitar. As outras cousas estaban nun plano aparte cando di que tiña compaixon das multitudes. O sentido desta frase está no contexto cando afirma que eran como ovejas sen pastor. A figura que emprega é a mellor que calquera puidese empregar. As ovejas son moi torpes e pérdense fácilmente. Xa non digamos se non teñen pastor que as guíe. Dalgún modo o ser humano é así coas cousas de Deus. Primeiro non pensa nelas, despois deixaas para máis adiante, e finalmente, cando chegan os anos xa non coñece o camiño polo que ten que seguir. Xesús é o camino e hoxe é o día para seguirlo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último