Chito Rivas
Unha andaina por tradición
Hai andainas que se realizan por diversión, por fermosas, por saúde, por obriga, pola distancia... Hai, porén, outras que se fan por tradición. Por tradición doutros, neste caso, xa que eu, a que vou contar, nunca a fixera. E iso que si me pasara polo pensamento moitas veces, durante anos, practicamente toda a vida, desde que vin que a xente peregrinaba a pé desde Ourense ata o santuario dos Milagres.
Cando vivía en Baños de Molgas, todos os anos ía ós Milagres andando e aproveitaba incluso para ir lendo. Cando me trasladei a Ourense -e tamén para os arredores-, dicíame que xa fora moitas veces andando ata aquel lugar, e aí quedaba o asunto.
Días atrás, un dos meus fillos comentoume a posibilidade de ir andando ós Milagres. Aceptei no momento, pero pensando que se refería á ir de noite, como adoita facer a maioría da xente, quizais por ofrecemento á Santiña. De noite, seica, tería que durmir.
O sábado, día 5, en plenas Novenas, erguémonos ás cinco e media da madrugada para saír, por fin, media hora máis tarde. Fomos polos lugares que eu mellor coñecía, por onde se circulaba habitualmente en coche desde Baños de Molgas a Ourense, antes de que arranxasen a estrada que vai a Maceda por Paderne de Allariz.
Desde a Finca Fierro, en Barbadás, seguimos por Marcelo Macías, a Avenida de Zamora, O Cumial, a estrada de Salgueiros, Guede, Cardoeiro, Sanguñedo, Brandín, Alvite, Baños de Molgas e, finalmente, Os Milagres.
En total, 31,37 quilómetros, a unha velocidade media de 4,79 km/h. Tocamos coas mans a fachada do santuario despois de camiñar durante 6 horas, 32 minutos e 55 segundos.
Existiu canseira? Mentiría se dixese que non. Pero tamén quedou a satisfacción de chegar a un lugar entrañable e cun forte significado para min.
A catro días da arroutada, da camiñada, xa estou preparado para outra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 10 de septiembre
La Región
Si no votan como queremos, que no voten
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 11 de septiembre
encarecimiento de la energía
El BCE sube los tipos al 2,5% por el repunte de la inflación