Olegario Sotelo Blanco
A política do aparente fronte á realidade do abandono
PINGAS DE ORBALLO
Deixoume unha fonda pegada o libro de Julio Llamazares “El viaje de mi padre”. Cada vez estou máis convencido de que o meu pai fixo practicamente o mesmo percorrido co seu cando o alistaron para participar na gran masacre española de 1936. Seguro que estivo na División 83 do Corpo do Exército de Galicia, baixo as ordes do xeneral Antonio Aranda Mata.
Por medio de Internet quixen investigar algo máis, pero todo son atrancos, estorbos e dificultades. Semella que certas investigacións pertencen unicamente ó reino dos entendidos, dos especialistas, dos historiadores. Os pasos do pai dun cidadán de a pé non parecen merecentes de seren seguidos por calquera, nin sequera por un familiar.
Entendo que, cando todos os arquivos e datos estaban en papel, se protexesen das manipulacións xerais; pero agora, nesta era dixital na que todo parece estar na rede, non comprendo a razón de tantas prohibicións para determinadas consultas ou seguimentos. Eu tan só quero saber se o meu pai pertenceu a esa División ou non, se pasou por certos lugares ou non, se participou en batallas ou non. Non teño intención de manipular nada nin de cambiar a historia. Simplemente quero saber.
Hoxe en día, todos os organismos públicos deberían ofrecer máis facilidades, polo menos as consultas e mesmo para certos trámites. Tan só queremos saber; que non queremos xogar ós dados coa historia. E moito menos cun acontecemento que nos marcou tanto como sociedade e como familias.
Non obstante, seguirei dálle que dálle para descubrir o que antes non souben nin me preocupei de preguntarlle ó meu pai. E arrepíntome. Como tamén se arrepentía Llamazares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PAGO A PROVEEDORES
Pleno exprés en Verín para pagar facturas de electricidade
PIEDRA NATURAL
El mejor proyecto de Casa Decor lleva sello Cupa Stone
GRASAS Y ACEITES
Las exportaciones ourensanas ceden 10 millones en el inicio del año