Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
TÍA MANUELA
A nosa xente noutros tempos marchou polo mundo. Ían homes e mulleres chorando, buscando consolo, pan e salario. Fuxían da fame e da miseria como foxen os que veñen, non se sabe de onde. En verdade, veñen de onde hai fame e miseria, de aló ou de aí, de cerca de onde estamos. Aquí, nesta esquina do mundo, onde espertamos, durmimos e pensamos que a fame e as guerras hai que desterralas.
Veñen os inmigrantes e aquí encontran repouso, traballan, pelexan cos papeis, polos papeis legais e andan no que moitos non queren. Traballan na construción, na agricultura, na gandería, na hostalería, no turismo, na limpeza e no servizo doméstico. Onde poden, alí onde poden traballan, no reparto de paquetería, no transporte, na atención e no coidado aos maiores, na sanidade e na rehabilitación dás persoas.
Os expertos (se é que os hai) din que a proximidade xeográfica é un dos alicientes para emigrar. Imos de aquí ao país veciño e volvemos cando poidamos e/ou cando queiramos. A emigración tamén se asenta en razóns históricas e, máis aínda, en razóns lingüísticas. De América Latina veñen a onda nós, dos países africanos francófonos van a Francia, así como as persoas da India ou Paquistán, segundo indican os expertos, van ao Reino Unido.
Moita, moitísima xente emigra dende países con restrinxidas oportunidades laborais e vai a outros que ofertan un maior desenvolvemento nos eidos da economía, da cultura, da ciencia e do desenvolvemento, en xeral. É un pracer ver como a xente que vén, pode traballar e traballa, axuda e fai riqueza para o país e para nós.
Temos moitos galegos vivos que foron polo mundo cunha man diante e a outra detrás. O pobo galego ten experiencia nisto que falamos, ten memoria e ten ansias de mirar para o futuro, para ese instante no que todos seremos de recibo. Veñen eses homes e esas mulleres do cabo do mundo e cando se xuntan aquí onda nós, temos a obriga de facelos felices. Se quedan, mellor. Entre todos poderemos seguir a camiñada, a longa camiñada que nos achega á pluralidade reclamada e á xustiza social desexada.
Ela, Carmiña de Cereixo, foise cunhas veciñas a Venezuela e á volta non atopaba acougo. Era outra cousa diferente ao que ela deixara. Como di a tía Manuela, “máis valera que quedara todo como estaba”. Todo quieto, á espera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ignorante o mentiroso
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Todo lo que ya no existe con Sánchez
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Premeditación y alevosía
Lo último
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Retrato del criminal víctima
INCLUIRÁN EL GALLEGO EN SUS OBRAS
Una pareja cambia Gandía por Rairiz de Veiga para crear videojuegos en Gatatruko Studio: "Es la mejor decisión de nuestras vidas"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 3 de septiembre?