Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Adios ríos…
Cando nun meu escrito anterior daba como probable que o carauter "pasteleiro" da Real Academia Galega (RAG) poría en igualdade os vocábulos polbo e pulpo, por ser o mais lóxico, ademáis de o millor xeito de contentar a todos, atopámonos coa decisión de rexeitar o termo pulpo "por ser patrimonialmente dubidoso". Ou sexa que, coma sempre, a RAG non é mais que o brazo executor das consinas da malfadada Mesa pola Normalización Lingüística.
É cando menos incongruente que o Centro de Estudios do Carballiño atope referencia do termo pulpo nos séculos XI e XII, nada menos que na Catedral de Santiago; que o de polbo se comenzase a empregar no século XVI, e que agora o termo mais antigo sexa "dubidoso" e que, ademáis, sexa alcumado de "castrapo" pola ínclita Mesa pola Normalización Lingüística.
Si os membros da venerable Academia fosen competentes inteleutualmente e tomasen as súas decisiós sin ter que facer o que outros lles queiran imponer, decataríanse de que, asegún a lingoaxe mariñeira, todo no mar é peixe e todo o que vén a bordo é pescado. De tal xeito que o "polypus", no mar e no noso idioma, é polbo, mais ó chegar a bordo e mais ó mercado, é pulpo. Niste senso é, de sempre, o tratamento que a nosa xente lle deu ó tema.
Por si fose iste un argumento de pouco peso, acontece que un dos quefaceres mais importantes das academias é o da admisión e incorporación das novas verbas que a lingua precisa, en función da necesidade das mesmas, tanto polo uso masivo na rúa como en diferentes medios de aitividades especializadas
Si escluímos un termo como pulpo, de uso secular e cotián, por ser "patrimonialmente dubidoso" ¿cómo se pode usar por exemplo "garaxe", que non é dubidoso, é francés; ou "grazas", que é portugés e nunca na p. vida se oiu dicir en Galicia hastra que o "importou" a RAG?
A RAG, que a pesares dos seus dislates aínda tén moi "cualificados" defensores, con iste fallo de "pata de banco" vén anoxar, de paso, a toda a xente do Carballiño. Coido que non terá que ver no asunto a secular xenreira entre istes e mailos ribeiraos paisanos do señor Alonso Montero. Pido perdón pola coña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Adios ríos…
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Estrelas de ouro
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Alzad la mirada
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Abrieron cientos de piscinas en Ourense... salvo la termal
Lo último
PLACA AYUNTAMIENTO COMPROMETIDO
A Gudiña, premiada por la Federación de Vehículos Antiguos
La Región
Hoy, no es volver al pasado
POLÉMICA EN LA PAU 2026
Las universidades gallegas y la Xunta chocan por los errores en la PAU