Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
“O seu rostro inmóbil fai del un obxeco inanimado, unha cousa, algo inerte.” (A ferida do vento, Antón Riveiro Coello).
O infausto Rajoy leva tempo sen gañar para desgustos, falto de puntaría, antes de tocar de despedirse da cúspide, á que sempre chegou, sen zumegar demasiado. Primeiro botárono do goberno, porque non marchou cando tiña que marchar. Cada vez que debía asumir responsabilidades políticas polas falcatrúas dos seus –ou polas súas propias, que non son poucas– optaba por pórlle a tranca á porta da Moncloa, agardando pacientemente que os que petaban nela caesen nas fauces da intemperie –sempre do lado de fóra– atrapados por unha pulmonía crónica, ou por un pertinaz aburrimento. Tivo que irse da presidencia do goberno, claro. E foise co estómago revolto, coa dixestión a medio facer, por mor dun bisté fedorento, que enguliu dun bocado nun exquisito restaurante madrileño, pensando que era a pílula da felicidade. Pero aquela tallada de vitela causoulle tal empacho que, malia tomar varias doses de bicarbonato, os nubarróns agochados nos “considerandos e resultandos” das proteínas de Gürtel, deixárono talmente noqueado.
En plena dieta branda, por mor da indixestión, presentóuselle un cólico de ril que o obrigou a renunciar á presidencia do partido, para non ter que facelo por prescrición facultativa dos seus médicos de confianza.
Pero, como nunca hai dúas sen tres, cando agardaba a que o patrimonio pasase de forma natural a Sáenz de Santamaría, o congreso do partido, controlado pola sombra de Aznar, esixiulle a devolución do que, durante tanto tempo, gozara en precario. Así que, a herdanza foi parar ás mans dun tal Pablo Casado. E, aínda por riba, o rexistrador tivo que dar fe do acto. Iso si, coa inestimábel axuda do noso Feijoo, quen, talvez por causalidade, e non por outra razón, pasaba por alí, por aquilo de que a esperanza é o último que se perde.
Ah! Coméntame o meu tío Lisardo que, a nivel estatal, a dereita pura e dura, por obra e graza de Rajoy, agora fica dividida en tres anacos: Vox, C´s e o anaco de Aznar. Pero, tranquilos, á hora da verdade, todo se amañará ben amañado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco