Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Si che rebaixan a débeda nunha cantidade importante, e si eso non implica ó reparto económico entre as comunidades, e ademais o goberno está aberto a revisar o tema do financiamento destas administracións de réxime xeral, que xustificación pode ter a postura da Xunta e o seu presidente de oporse a esta proposta? Entendo que ningunha. Claro, de non ser que que eso fai actúe seguindo ordes partidarias e non se traballe como presidente dos galegos. Poñerse de costas a proposta do goberno seguindo o que mandan dende Xénova semella un paso moi arriscado que vai contra o interese xeral desta terra.
Ás veces escóitanse declaración do señor Rueda que chaman a atención e denotan un certo grao de servilismo cos seus manda máis. Unha maneira de actuar que pon os intereses do seu partido por riba dos intereses da xente. Por iso hai uns días este señor fixo unhas declaracións nas que dicía: É o momento de reclamar competencias pois hai un goberno no Estado moi débil.
Esta frase denota que o noso presidente cando gobernaba o PP non se atrevía a reclamar máis competencias. Claro, era o seu partido o que mandaba e el era vicepresidente. E agora saca peito pra dar o camelo.
Os partidos estatais teñen estas grandes contradicións. Cando gobernan os meus calo, e cando gobernan os outros reivindico, polo que todo semella un postureo que anoxa.
Con todo, estou seguro que cando se aprobe a proposta do goberno, moitos gobernos dos populares nas distintas comunidades acolleranse á rebaixa
Con todo, o tema da saca dá débeda que seica se fai partindo do número de poboación que hai en cada comunidade non deberá ser un gran problema pra acollerse a el. Pois compre lembrar que, a débeda galega medrou é moito cando gobernou o señor Feijoo. Pois o bipartito deixara arredor de catro mil millóns, e hoxe anda polos trece mil millóns e pico de euros.
Mais, sen entrar no tema dos números, o que percibimos moitos galegos é que o noso presidente é un home no que mandan desde o PP e non se atreve a erguer a voz como o primeiro mandatario que é desta terra. Con todo, estou seguro que cando se aprobe a proposta do goberno, moitos gobernos dos populares nas distintas comunidades acolleranse á rebaixa, pois iso implica que gastaran algo menos pagando intereses e poderán darlle máis servizos á cidadanía. En Madrid na rúa Xénova poden mandar moito, pero os cartos son os cartos, e se non ó tempo. Ben sei que moitos din que lle pagan ós cataláns para así poder seguir no goberno. E digo eu, se gobernara o PP e se vira nunha situación semellante que faría? Pois algo semellante. Mais compre subliñar que a día de hoxe, e grazas á política, o número de independentistas decreceu. E xa non se fala de arredarse do Estado pola vía unilateral. E iso é debido a acción política de quen hoxe goberna. Pois a outra postura de pau e tente teso, ou se o prefiren, medio militarista, que algúns predicaban soamente facía aumentar o independentismo.
En fin, a postura do Goberno de facer unha quita á débeda das autonomías, mire por onde se mire, non é negativa nin castiga, como di o señor Rueda, a esta terra. E si eso é o que pensa pra que fuxe das reunións e non tenta mellorar a partida?
Esperemos acontecementos e iremos vendo. Con todo seguro que os gobernos populares hoxe falan moito, máis acolleranse á rebaixa. Pois sempre é mellor pagar menos intereses e así poder meter eses cartos en dotar de mellores servizos á cidadanía. E o que digan algúns como a señora Ayuso. Tellado e Feijoo e outros que tal bailan, non deixa de ser unha saída máis de ton á que nos teñen acostumados día tras día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último