Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
Caéronlle os dentes, e non a coñecían na súa propia casa. Non a coñecía a nai, e as irmás non querían saber nada dela. Era delgada, case escuálida, cos ollos fundidos naquela cara de nada, incolora e sen mirada. Estaba sentada (ou pousada) nun recanto da beirarrúa e ao seu lado había un libro de peto aberto polo medio, xusto nas páxinas 78 e 79, nas que se falaba dela. Falábase dela e do maltrato que sofren as persoas vulnerables, aquelas que non teñen forma de encararse e defenderse das accións da mala xente.
Aquelas que constrúen e propagan bulos como se fosen noticia correcta e ben feita, baseada na realidade e apoiada por fontes fiables, das que nunca traizoan. Hai quen pensa que as fontes oficiais son destas e hai, pola contra, quen asevera que de aí arrancan as moreas de mentiras que se contan, sabendo que son mentiras ou, na xerga máis mentireira, loiadas, presentadas como verdade, tendo a seguridade de que son falsas.
Hai de todo na horta da botica, onde o medo pecha as portas e ela, a muller que atende o establecemento, ten a cabeza a mil por hora, correndo sen parar para librarse dun mal cerebral. Ou dun mal calquera, deses males que non se entenden, de diagnóstico tardío e, ao parecer, sen cura. O establecemento fecha a porta e as axencias de transporte achegan á casa os produtos de consumo. Van en bicicleta, en motocicleta, en transporte privado, por correos, en camionetas a en avións de carga, preparados cos seus frigoríficos para repartir no mundo rico as viandas que os pobres recadaron no mundo pobre.
Deformar a verdade, debería ser un delito, un delito grande, mentres nunha época como a actual, de engano universal, como dicía George Orwell, “dicir a verdade é un acto revolucionario”
E, se a verdade é verdade, cal será a razón pola que moitos dos actores políticos queren ocultala, escondela e, se poden, deformala? Deformar a verdade, debería ser un delito, un delito grande, mentres nunha época como a actual, de engano universal, como dicía George Orwell, “dicir a verdade é un acto revolucionario”.
Pois, efectivamente, a verdade axuda á revolución necesaria e ao cumprimento do deber con toda aquela xente que vive na desgracia, en calquera país desatendido ou abandonado da man dos acomodados na cadeira do palacio, daqueles que prometen e non fan nin deixan facer. Amigas e amigos lectores, sigamos coa rebeldía conveniente, xa que, como recorda a Tía Manuela, “nunca choveu que non escampara”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dolmens na heráldica de Muíños: o orgullo do seu patrimonio arqueolóxico
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Para Fiz
Afonso Vázquez-Monxardín
Reconstruír o relato galeguista
Lo último