Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Fraga y mus en el vagón bar
TÍA MANUELA
O desenvolvemento da sociedade e da ciencia andan emparellados, arrastrando un polo outro e dándolles traballo aos investigadores, que queren saber e expoñer o que ocorre e por que ocorre, cales son as causas, os procesos e as miles de combinacións que poden producirse en cada proceso. Todo é importante, pero agora unha investigación universitaria presentada na Facultade de Veterinaria galega, demostra que o estudo do epitelio, dese tecido celular que recobre as superficies externas e internas do corpo, é importante e fundamental para coñecer a razón pola que moitas especies teñen un nivel reducido de reproducións.
Recoñecer á parella polo cheiro é un dos bos camiños para achegarse a ela, para arrimarse a ela e descubrir as rexións sensoriais e non sensoriais do seu corpo manso. A investigadora Dorinda Torres, referíndose ao linguado, di que os machos nados e criados en cativerio (os de piscifactoría) desenvolven o seu órgano reprodutor, pero con importantes deficiencias e alteracións, que non permiten fecundar os ovos de xeito natural.
A catividade ten o seu propio cheiro, na maioría das veces, insoportable
A importancia do olor é evidente. Ninguén sente atracción por unha parella que alcatrea. Xa o dicía Gumersindo de Tralocastro, antes de asinar, hai que ulir e percibir con agrado aquel corpo que se achega, no mar ou na terra. No caso do linguado senegalés, “unha das especies con maior interese para a diversificación da acuicultura europea”, as empresas produtoras teñen que reconducir as alteracións nos olores que impiden o recoñecemento da parella e obstaculizan o proceso de reprodución do linguado, criado e alimentado en catividade.
A catividade ten o seu propio cheiro, na maioría das veces, insoportable. A vostede gústalle o olor da piscifactoría? E o cheiro do silo da herba verde? Non! Á maioría das persoas agrádanlles aqueles olores que lles reproducen tempos pasados, da infancia, da casa ou da escola. Olores da vida e das vivencias, das loucuras e do traballo, do esforzo e da razón. Aí está, presente de por vida, o olor das persoas que amas, que vai, como o son da auga da fonte, no pensamento, nos recordos e na alma.
A auga, por clara que sexa, din que non ten olor, color nin sabor, pero á Tía Manuela gústalle escoitala pasar e úlelle o seu rastro no regato. Esa auga da fonte fría, ”ten recendo e sabor a gloria”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Fraga y mus en el vagón bar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Les da lo mismo Juana que su hermana
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El ático de Ayuso
Isaac Pedrouzo
Yo solo quería un Casio con la calculadora
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"