Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Eu penso que lle tiñamos máis medo que ao “home do saco”; menos mal que a min xa non me pillou o temido aceite de fígado de bacallao puro e duro, xa que a industria farmacéutica tivo a ben fabricar unha beberaxe que aínda que tamén sabía bastante mal non era tan “destroyer” como o que se comercializaba ata entón, co que as nosas nais nos ameazaban aos malos comedores; eu era moi mal comedor, e dame a impresión que desde aquelas collinlle tirria a ese bacallau polo que devecen tantos galegos. Chega o Nadal e as tendas de comestibles non dan abasto para cumprir coa enorme demanda deste producto chegado das frías augas de Noruega.
Escacho da risa cando lembro o complemento alimenticio que nas nosas casas deron en chamar “ponches”
Pero volvendo a eses “reconstituíntes” da nosa infancia; escacho coa risa cando lembro o complemento alimenticio que nas nosas casas deron en chamar “ponches”, que non eran outra cousa que un ovo crú batido e unha pequena, ou non tan pequena, cantidade de leite, ¡¡¡viño!!! ou, o que é pior, “Sanson”. Nós encantados da vida, porque este viño doce sabía a gloria, e non había festa que non houbera unha botella na mesa á hora da sobremesa. O que as nosas nais non sabían era que lle estaban dando aos seus nenos unha boa ración de alcohol, concretamente un 13,5%; o mesmo que a tamén moi saborosa “Quina Santa Catalina” que se publicitaba co lema “Es Medicina y es Golosina”, e con igual porcentaxe de alcohol e igual marabilloso sabor a viño de misa, o que os nenos monaguillos daquela lle birlabamos ao cura antes da Misa e repuñamos nas “vinajeras” cun pouco de auga do grifo da sancristía.
Os anuncios destes licores na incipiente televisión dos 60, como o que vai neste artigo, hoxe serían de cárcere. Daquelas ata creaban personaxes infantís que ían piripis e incitaban aos nenos a imitalos; tal é o caso de “Kinito” de “Quina San Clemente” que publicitaba o seu producto coa frase: “Este excelente vino quinado es muy bueno para niños y mayores”. E o tal “Kinito”, con pinta de levar unha cogorza considerable, berraba a todo pulmón: “Dá unas ganas de comerrrrrrr”. Kinito converteuse no personaxe infantil máis coñecido polos nenos españois da época, ata que o Ministerio da Gobernación decidíu aplicarlle ao personaxe a lei de Peligrosidade Social.
Aínda que nas últimas décadas decreceu moito a venda deste tipo de viños quinados aínda seguen moi presentes nas nosas casas, e case ninguén lle fai un feo para acompañar unhas galletas ou biscoitos. Ao parecer agora os maiores consumidores non son os nenos, non hai publicidade para eles, son as persoas adultas e mesmo é unha bebida que circula por algunhas residencias de maiores, porque alguén dixo que este tipo de bebidas son “viagrosas”. Xa ven, cada época ten a súa maneira de chegarlle aos consumidores. O certo é que vén o Nadal e reaparecen esas botellas que aínda perviven no “moblebar” do salón, como o “Licor 43”, o “Soberano” ou o “Pippermint”, e en Galicia por suposto esa botella de licor café “da casa” que levanta o espírito “e non fai dano”.
Cando participo dalgunha conversa sobre o que beben actualmente os nosos xóvenes nos “botellóns”, sempre lles lembro aos máis militantes antialcohólicos que moitos de nós pertencemos a unha xeración na que o viño con gaseosa presidía todas as comidas da semana, e a auga “era para as rás”. E non había celebración na que convidados como o neno “Kinito” non se sentasen con nós á mesa. Eran outros tempos evidentemente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor