Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Nesta semana viñeron ao meu maxín moitos recordos da visita aos Estados Unidos de América para recibir o Premio “Aúpa Dépor USA”. Cousas que lle pasan a un, que é máis celtista que a “Oliveira dos Cen Anos” de C. Tangana. Pero se che queren dar un premio todos eses marabillosos amigos que viven ao outro lado do charco, sería imperdoable non facer a viaxe, un ano antes de que as Torres Xemelgas se viñeran abaixo. Sempre recordarei que sí puiden subir ao Empire State Building para gozar das marabillosas vistas da illa de Manhattan, pero quedeime coas ganas de subir ás Torres porque xusto cando estabamos na cola para mercar os tikets anularon as visitas porque a néboa cubríu case toda a estructura. O que sí fixen, xusto alí, foi comer un “perrito caliente” por primeira vez na miña vida. Facía un frío que pelaba e sóubome o “perrito” como se foran camaróns; que, por certo, se vas por primeira vez a América, lembra que alí chámanlle camaróns aos nosos langostinos; nada que ver coas exquisiteces das nosas Rías.
E xa que estamos de lembranzas, e aproveitando que os nosos amigos do “Centro Orensano de New Jersey” están celebrando o seu 60 Aniversario, teño que recordar os quilos de máis que trouxen de terras americanas. Xa de mañá, antes de cruzar o Tunel Lincoln, que une New Jersey coa illa de Manhattan, para ir de excursión por todos eses lugares que tiñas visto na tele e querías coñecer, os nosos anfitrións levábannos a almorzar a tres ou catro lugares, e un deles era obrigatoriamente ao “Centro Orensano” onde fomos tratados como reis. Xa ben alimentados estabamos preparados para ir coñecer a “Bolsa”, as principais rúas de Manhattan, a estampida de cando saen das oficinas e cambian en plena rúa os incómodos zapatos de tacón por unhas relaxantes bailarinas, o paseo en limusina por aquelo de facer un pouco o “guiri”, e a negativa, vádesme matar, a subirme nun helicóptero, que non sei se pasaría a ITV, para dar un paseo aéreo por riba do río Hudson. Si, xa sei que é imperdoable, pero que lle queredes, “o que ten cu ten medo”.
Tamén me chamou moito a atención, na cea de gala onde me entregaron o trofeo, a parafernalia que lle de dan a todos estes actos os nosos compatriotas, cun restaurante decorado ao máximo detalle, coas bandeiras galega, española e americana presidindo o escenario e cos seus respectivos himnos interpretados solemnemente antes de dar conta dunha tonelada de “camaróns”. A cea podíase comparar ás nosas vodas galegas, con entrantes, marisco a esgalla, peixe, carne, tartas, viño galego e cava catalán. O dito, comer e beber como se non houbese un mañá.
Despois de toda unha semana turístico-gastronómica, guiados en todo momento polo sempre querido amigo Joaquín J. Caamaño, nada mellor que rematala cun tremendo cocido galego o día da volta na Casa Galicia de Nova York, onde Castelao fora nomeado “Primeiro Socio Honorario”. Tanta foi a festa que a piques estivemos de perder o voo que saía do John F. Kennedy, cruzando non sei cantas pontes en plena hora punta domingueira. Pero claro, o noso cocido non se “trasfega” nun par de horiñas, nin as despedidas son cousa de minutos. Despois do trato recibido había que cumprir, e cumprimos. Iso sí, á volta foi difícil durante uns días enfundar os vaqueiros, pero valeu a pena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor