TAL DÍA COMO HOY
Kandinsky
A sociedade enfróntase a un desafío permanente: a reincidencia delictiva. Este non é só un problema estadístico nin exclusivamente policial ou xudicial, senón unha realidade complexa que require un enfoque multifactorial, que combine recursos sociais, sanitarios e penitenciarios.
Os centros penitenciarios, como o de Pereiro de Aguiar, tal como quedou de manifesto o vindeiro venres na celebración do Día da Merced, fan un intenso esforzo diario por ofrecer alternativas de reinserción: formación, talleres, apoio social… pero non poden asumir en solitario un reto que, en moitos casos, debería atopar solución fóra dos muros da prisión. O certo é que unha parte dos reincidentes non delinquen só por vontade, senón pola suma de trastornos mentais, adiccións non tratadas, ausencia de seguimento sanitario e exclusión social.
É doado para quen traballa na rúa recoñecer ós “clientes habituais”: persoas que delinquen unha e outra vez, non tanto por desafiar a lei, senón porque non están en condicións de vivir con autonomía na vía pública. E aquí xorde a contradición: nin a policía nin a xustiza dispoñen de ferramentas suficientes para abordar unha situación que é fundamentalmente un problema social e sanitario, máis que policial ou penitenciario.
É imprescindible dotar de recursos ao sistema penitenciario e ao propio Estado para crear solucións complementarias
Por iso, é imprescindible dotar de recursos ao sistema penitenciario e ao propio Estado para crear solucións complementarias. Unha delas podería ser a posta en marcha de centros de deshabituación anexos ou vinculados ás prisións, onde se ingresen de maneira forzosa aquelas persoas que, pola súa situación de dependencia ou desorde mental, resultan un perigo constante para si mesmas e para os demais. Non se trata de castigo, senón de protección e tratamento.
Se aspiramos a que a reincidencia sexa unha excepción e non unha rutina, debemos asumir que o cárcere por si só non resolve o problema. É necesario un abordaxe integral que combine seguridade, saúde e reinserción. Dese xeito poderemos converter a reincidencia nun verdadeiro obxectivo e non nunha estatística que se repite e incrementa ano tras ano pese ó esforzo de retocer os datos para convercernos de que o sistema funciona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TAL DÍA COMO HOY
Kandinsky
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos