Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Si. Algunha vez teño contado, hai moitos anos, que o día 20 de novembro de 1985, abrín un “benjamín” -aquelas botelliñas de champaña pequenas-, para celebrar unha resposta dun neno de primeiro de primaria a uns reporteiros da tele. Os xornalistas mozos, achegáronse á saída dunha escola e preguntáronlle aos neniños máis novos se sabían quen fora Franco. Olláronse uns a outros sen saber que dicir, ata que o listo da clase, dixo que el o sabía. E para admiración dos seus compañeiros e dos xornalistas, deu unha resposta rotunda e concisa: “El que descubrió América”. Eu rin, e como fariamos millóns de persoas que visen aquel telediario, e fíxeno encantado, porque, me pareceu marabilloso que só 10 anos despois daquel enterro que congregou a centos de miles de papanatas en Madrid, que uns neniños felices xa estiveran limpos da memoria do ditador. Sempre crin que era mellor non remexer en exceso, porque cheiraba. Por fas ou nefás, por aquí ou por acolá. Damnatio memoria. Como os romanos.
E unha parte fundamental neste proceso de concordia veu da formación dos intelectuais e da construción dunha opinión política en clave democrática, da man da prensa, sobre todo das revistas
E polo que vexo, a teima do goberno de resucitar a memoria daquel homiño terrible e dos seus actos, vai ata puntos preocupantes, co que os mozos que non viviron a época, poden pensar que España era o mesmo en 1939 que en 1975. Iso de “España en libertad, 50 años” é unha inexactitude interesada e debedora da conveniencia partidaria desa resurrección. A liberdade non veu a España pola morte de Franco, veu polo pacto responsable entre unhas forzas políticas, dun signo e doutro, que pactaron unha ruptura democrática, mediante unhas cortes constituíntes das que emana toda lexitimidade posterior. Desde a forma de Estado -monarquía constitucional- ata a organización territorial en forma de estado autonómico, etc. etc. O rei Juan Carlos, foi rei pola vontade dos cidadáns de España que pensaron que querían unha ruptura democrática tranquila que non esgazase de novo o país en dúas metades e que imperase o perdón como forma de sutura das fracturas históricas entre bandos en España, como tan ben nos explicou Ramón Jáuregui o outro día no J.A. Valente, e non, obviamente, pola vontade de Franco, que, non parece que quixera un rei democrático nun país con partidos e autonomías. E como insinuaba Ramón Jauregui, á parte de ser a única vía, era a boa. Perdón, concordia, constitución e liberdade, eran as palabras clave que el usou.
E unha parte fundamental neste proceso de concordia veu da formación dos intelectuais e da construción dunha opinión política en clave democrática, da man da prensa, sobre todo das revistas. Triunfo -da esquerda, non inocentemente tiña unha estrela vermella sobre o i-, Cuadernos para el Diálogo, cristián demócrata, como as súa iniciais; Cambio 16, de centro esquerda e con tres ourensáns na súa posta en marcha, Luís González Seara e Miguel Muñiz -como dous dos 16 accionistas iniciais, de aí lle viña o nome- e Heriberto Quessada, como primeiro director; Posible, dirixida tamén polo ourensán Alfonso. S. Palomares; e en Galicia, Teima, Man Común e A nosa Terra. E por suposto, Interviú, máis coñecida polo destape que polos interesantes artigos de investigación e denuncia. Pola banda do humor, La Codorniz, a tradicional; Hermano Lobo, El Papus -que sufriu un atentado da extrema dereita AAA, en 1977- etc. Estas revistas, xunto coa inmensa maioría da prensa de España, incluídos os xornais aparecidos naqueles contextos de cambio, como El País e Díario 16, e os novos programas de debate na televisión, como La Clave de Balbín, foron capaces de ir ampliando marxes e creando unha opinión pública con sede democrática e implicación responsable nos cambios.
A lectura formou cidadáns responsables e libres. Está por ver que as redes sociais fagan outro tanto. Eu, igual que vostede, amable lector, teño dúbidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense