Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Vamos ver. O franquismo existiu porque existiu Franco. E Franco existiu porque algo farían seu pai, súa nai e, se cadra, o demo. Pero a fama veulle das circunstancias históricas nas que viviu e as que, desgraciadamente, propiciou. E durou o seu réxime, como saben, uns corenta anos. E foi algo clave para España porque as súas orixes veñen dunha guerra horrorosa que se produciu sobre un país esgazado e violento e que se prolongou transversalmente á historia do mundo entre os anos trinta, antes da invención do plástico e da II Guerra Mundial, ata despois da chegada do home á lúa. Desde a época en que non había luz eléctrica nas aldeas, ata dez anos despois da actuación dos Beatles na praza das Ventas de Madrid. Tres anos despois das saídas a Biarritz para ver “O último tango” ou dous da derrota dos EEUU en Vietnam; ou un, despois da “revolução” portuguesa.
E sinalo estes acontecementos que están na memoria dos que os vivimos, para lembrarlles que durou moito e o mundo todo cambiou moito. Por iso, creo que, é case complicado englobar baixo un mesmo nome o período histórico 1939 que 1975 en España. Certo que ocupaba o poder o mesmo tipo, e non había eleccións nin partidos, pero a sociedade era moi outra. Porque se partía aquí dunha dunha guerra civil e dunha represión feroz que produce nos primeiros anos da posguerra unhas trinta mil penas de morte das que din estudosos, que se cumpriron a metade. Unha barbaridade. A arrasada España non recupera o PIB do 1936 ata ben entrados os anos 50.
Os que vivimos a transición sabemos que os únicos que “soñaron” que podía haber franquismo sen Franco, foron os do bunker
Pero a situación acabou, que remedio!, converténdose nunha rutina, nunha sociedade bastante apática no interese xeral na política -oficial ou clandestina- perante a necesidade de vivir a vida cotiá do seiscentos, a praia, as viaxes... A represión, que a había, nada ten que ver coa dos inicios do franquismo e coa guerra. Uns datos tirados dun estudo dunha investigadora do London School of Economic accesible na rede (Los muertos del régimen de Franco entre 1952 y 1975), sinalan que nese período aplicouse 70 veces a pena de morte. En 33 casos por xurisdición civil -a última en novembro de 1959 en Palencia, por violación e asasinato- e 37 pola xurisdición militar; en xeral maquís ou delincuencia civil protagonizada por soldados, sempre con resultado de mortes. Pero as penas máximas non eran algo alleo a Europa. En Inglaterra, por exemplo, neses anos, executáranse 110 persoas. E en Francia, a derradeira pena de morte -guillotina- foi aplicada en 1977.
As películas do realismo italiano, como as de Don Camilo -estreada en España no 1 Festival de San Seabastián, en 1953- ou outras, poderían case trasporse a España. Do mesmo xeito que as de Berlanga -Bienvenido Mr. Marshal ou El Verdugo, poderían ser italianas. Quero dicir con isto, que as sociedades non eran tan distintas, “fóra a política”, claro.
Os que vivimos a transición sabemos que os únicos que “soñaron” que podía haber franquismo sen Franco, foron os do bunker. Só un xornal e unha revista (El Alcázar e Fuerza Nueva). O terrorismo da extrema dereita -honra eterna aos avogados de Atocha- tratou -igual que o máis letal de ETA e o GRAPO- que a democracia non saíse adiante. Nas eleccións das constituíntes de 1977 a “Alianza Nacional del 18 de julio” de Falanxistas, Carlistas, ex-combatentes, etc. só sacou en toda España 86.000 votos e cero deputados, e nas primeiras democráticas do 79, Fuerza Nueva, sacou ao solitario Blas Piñar. Non houbo franquismo despois de Franco, porque a maioría dos cargos dos concellos, delegacións, etc. daquela, xa non eran xa fascistas como os do bunker, senón puros “aproveitados” da situación. De aí a formación exitosa da UCD e de AP. Por sorte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Lo último