Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Muertos
O Afiador
Hai unhos días que nestas mesmas páxinas explicaba o xornal a través dunha decisión xudicial a peripecia vivida por unha subinspectora de policía, dedicada a dar charlas sobre acoso escolar en colexios, pero que, sorpresivamente, se atopou cunha querela na que catro alumnos de Carmelitas, xunto co pai dun deles e a directora do centro educativo, acusaban á representante policial de revelación de segredos, abuso de cargo e inxurias, nada menos. A Xustiza non deu verosimilitude as acusacións e decretou o arquivo da causa xa no ano 2023.
Se non viron ou repararon na noticia, fagan por volver sobre ela, pois merece a pena para ver a onde ás veces pode chegar o desvarío. Terá o plus de que está contada por Monchi Sánchez coa sua precisión habitual, como a mellor relatora de crónica negra que é en moitas leguas á redonda. Hai que supor que en ausencia de probas irrefutables, o olfato xudicial levou a considerar máis convincente o relato da acusada, pegado ao cumprimento do deber no seu labor profesional, que o de quenes a acusaban.
O caso é que mentras os papeis coas declaracións duns e outra andaban por dependencias xudiciais, apareceu unha gravación da conferencia da subinspectora sinalada, na que non aparece indicio algún de que a sua intervención vulnerase a normativa vixente como se lle atribuía. Así as cousas, o tal documento serveu para darlle á volta ó asunto permitindo á axente policial pedir o esclarecemento das razóns que tiveron para mentir quenes a acusaban. Por outra parte, si se confirmara este extremo, vaia papelón o dos adultos, sobre todo o da directora do centro. Que causa defendía e con que probas?
Agora resta agardar a que un día poidamos coñecer o miolo do asunto e, sobre todo, que a imaxe da funcionaria quede tan limpa como estaba antes deste inquietante episodio. Veremos, si ben no mellor dos supostos debemos ter claro que a afectada nunca verá reparación suficiente que elimine o dano inflixido, como tampouco ninguén a devolverá ao seu posto de traballo, nin lle recoñecerá as potenciais posibilidades de promoción nese tempo no que a única saida que atopou foi irse da profesión pola porta de atrás a través dunha xubilación anticipada que seguramente lle fixo máis levadeiro o sufrimento en silencio por ela mesma e polos seus.
Que fácil resulta dañar a honorabilidade dunha persoa -incluso con probas falsas- e que difícil -ou imposiblerestituila nin coa verdade, porque os autores case nunca teñen a humildade de pedir perdón rebozado de sinceridade. Se cadra esta vez é unha excepción.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España