Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Unha nai e unha filla foron ao despacho dun docente universitario e intentaron partirlle a cara. Ao parecer ningunha das dúas mulleres estaba conforme co nota dunha delas, coa nota que o profesor escribira, despois do correspondente exame, na ficha da estudante, no expediente de seu, no taboleiro de anuncios e na acta, que pronto pasaría a ser definitiva. Diante da algarada universitaria tivo que acudir ao centro a policía municipal de Vigo, pero -como é obvio- non resolveu nada. Non era cousa dos axentes, vestidos con roupa de uniforme e a arma regulamentaría no cinto de coiro negro.
O docente denuncia as agresións e a estudante, xunto con mamá, foise a presentar outra denuncia. Xa está. O lío xa está armado e, logo, o debate está principiado, a razón esquecida e a moral arrastrada polos corredores dun centro académico, convertido nun lugar de agresión á súa propia natureza. Os valores tamén se esquecen e os principios pérdese coa axuda das nais engrandecidas pola intolerancia, quizais revestida coa ignorancia, coa miseria intelectual que medra e se estende velozmente á sombra dun peiteado louro ou negro, con moño ou sen el.
Non é fácil de entender, pero “á estudante, á miña filla, vostede non pode suspendela. Ou, non o sabe?”. Traumatízase co fracaso, ocasiona un desgusto no entorno, moléstanse os país, os irmáns e as irmás, os avós, os tíos, curmáns e demais familia. Incluso, os amigos entran en proceso depresivo e pode pasar calquera cousa. A xustiza contemplará estas probabilidades e poderá sentenciar conforme ao ben social, se é necesario, sen ter en conta ao pé da letra o que ditan as normas xurídicas e, menos aínda, o sentido común.
Vostedes, prezados lectores, que pensan? Uns pensarán que é un sen sentido, algúns entenderán que se trata dunha bobada e outros observarán que algo falla, que é necesario recuperar a esperanza, baseada na confianza mutua, e que convén instaurar a sensatez en todos os eidos e en todas as prácticas dos docentes, dos discentes e, naturalmente, dos pais, familiares e amigos dos estudantes. A Tía Manuela insiste, para que esas mulleres tomen nota, o éxito da educación está no respecto aos estudantes e aos mestres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último
Guerra en Ucrania
Hungría se impone a la UE vetando el préstamo a Ucrania
FUSIÓN DE EM&E CANCELADA
Los Escribano renuncian a la fusión con Indra tras la presión de la SEPI