Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Recentemente, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) pronunciouse sobre a obligatoriedade para os empleadores domésticos de establecer un sistema de rexistro de xornada diaria dos seus empregados, o que marca un cambio significativo no sector do emprego no fogar en España.
O que se busca coa implementación deste sistema é equiparar a este colectivo con outros sectores laboráis en canto a dereitos e obrigacións e que, os empregados de fogar –maioritariamente mulleres-, poidan acreditar as horas que adican á realización das súas función, blindar a súa protección laboral e, no caso de existir un despido, poder reclamar os seus dereitos.
O Tribunal pronunciouse neste sentido, no caso dunha empregada que foi despedida pola súa empleadora doméstica, procedendo a impugnar esta o despido, pronunciándose a xustiza española, concretamente o Xuzgado do Social nº2 de Bilbao, estimando parcialmente a demanda, considerando que a traballadora non había probado as horas traballadas nin tampouco os salarios que reclamaba por haber traballado a tempo completo, esgrimindo como argumento a falta de aportación por parte dos seus empleadores dos rexistros das horas que realizaba.
O Maxistrado, sentencia que a traballadora non pode fundamentar a demanda na falta de aportación dos rexistros, respaldando o seu argumento en que, a normativa española exime a determinados empleadores, entre os que se atopa o sector do fogar familiar, da obligación de rexistrar a xornada laboral dos seus empregados.
Sen embargo o Tribunal Europeo, recalca que xa no ano 2019 declarou ilegal a norma española entonces vixente e a interpretación dos órganos xudiciáis. Busca con este pronunciamento evitar que os empregados deste sector se vexan privados de determinar dunha maneira obxetiva e fiable o número de horas de traballo, e asimesmo, evitar que se den situacións discriminatorias, tendo en conta que este sector se atopa feminizado e, o feito de que a exención non esté obxetivamente xustificada, pode derivar indirectamente nunha situación de discriminación.
Non obstante, o Tribunal considera que este sector presenta particularidades e que poden establecerse certas excepcións no relativo a horas extraordinarias ou a parcialidades de xornada, pero que en todo caso se debe garantir e regular o cómputo de horas realizadas.
Todo isto xurde nun momento en que o Ministerio de Traballo –en fase de anteproxecto-, propuxera que a inspección de traballo tivera acceso remoto aos sistemas de rexistro laboral das empresas, polo que todo apunta a que se persegue a implementación de medidas que eviten o fraude respecto á realidade das xornadas de traballo e un maior control, garantindo á súa vez á desconexión dixital dos traballadores.
Ainda pendente de aprobación polo Consello de Ministros, prevese o endurecemento das sancións ante o incumprimento desta obriga laboral, oscilando as sancións na súa cuantía mínima entre 1.000 e 2000 euros; de 2.001 a 5.000 no seu grao medio e, entre 5.0001 e 10.000, na súa cuantía máxima. Ademáis, a sanción aplicará por cada traballador/a e non por empresa, esto é, si a empresa incumpre respecto ao rexistro de xornada de 10 traballadores, terá dez sancións, unha por cada un dos traballadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano