Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
DIARIO LEGAL
O último cambio normativo en relación ao control horario, supón un punto de inflexión na xestión do tempo laboral en España. Si ben é certo que o Real Decreto polo que se desarrolla o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores en materia de rexistro do tempo de traballo aínda non foi aprobado, pero o seu contido augura un cambio significativo que as empresas deben anticipar para o vindeiro ano.
A futura norma ten por obxectivo desenvolver os artigos 12.4.c), 34.9 e 35.5 do Estatuto dos Traballadores e, fundamentalmente, pretende reforzar a obriga da empresa de dispor dun sistema de rexistro diario de xornada que sexa obxectivo, fiable e accesible, a través de medios dixitais e que conte cunha serie de garantías de trazabilidade e protección de datos.
A orixe desta reforma provén dun diagnóstico persistente dentro do Ministerio de Traballo que arroxa que ao menos un 40 % das empresas inspeccionadas ainda empregaban sistemas de rexistro incompletos.
A obrigatoriedade é a mesma, pero amplíanse as esixencias técnicas debido ao aumento do volumen.
Os obxectivos son, entre outros: reducir as horas extraordinarias non declaradas reforzando a trazabilidade; garantir os dereitos fundamentais dos traballadores, como o dereito á desconexión; asegurar rexistros inmutables, protexendo os empregados e as empresas dos conflitos laborais; facilitar auditorías automatizadas e simplificar o traballo da Inspección de Traballo; estandarizar a tecnoloxía utilizada para o rexistro do tempo en todos os sectores.
Este cambio afectará a todas as empresas, pymes, microempresas e autónomos empleadores, sin distinción algunha respecto ao número de empregados. Para aquelas empresas de entre 1 e 10 empregados, será necesario a implementación de un sistema básico pero accesible que contemple: rexistro electrónico de entradas, saídas e pausas, xeración automática de informes con selo temporal e conservación de datos.
Asimesmo, para aquelas empresas de entre 10 e 100 traballadores, as obrigas serían: control dos cambios nos rexistros de control de tempo; auditorías internas regulares; acceso separado para xerentes e empregados e sistemas para validar horas extra e rexistrar desprazamentos.
A obrigatoriedade é a mesma, pero amplíanse as esixencias técnicas debido ao aumento do volumen.
En relación aos traballadores/as en movilidade ou en modalidade de teletraballo que non asisten diariamente ao centro de traballo, contémplase que o fichaxe ten que poder realizarse dende dispositivos móviles, a xeolocalización é opcional e dependerá do sector e os desprazamentos laboráis computan como xornada e deben de ser rexistrados.
Calquera sistema dos que se implanten deben de cumprir os requisitos esixidos pola norma e que permitirá á Inspección de Traballo cotexar a información, a través dos informes descargables de horas extraordinarias, desprazamentos, pausas etc.
Con todo, haberá que esperar á aprobación da norma e á súa entrada en vigor para estudar todas as obrigas que será preciso implantar nas empresas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano