Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
O termo sharentig, provén do inglés e da unión de share (compartir) e, parentig (paternidade) e refírese á práctica de compartir por parte dos proxenitores imaxes dos seus fillos e fillas, menores de idade, en redes sociais ou calquera outra vía online.
A época vacacional, xa chegou ao seu fin, pero esta é na que máis exposición se fai de imaxes, lugares, ubicacións e máis información persoal se expón en redes sociais, o que xa non só afecta á nosa intimidade, senón á seguridade dos nosos bens, posto que podemos dar pistas de que a nosa vivenda, por exemplo, se atopa baleira.
A cantidade de redes sociáis que están presentes no noso día a día e que usamos, mostran esta práctica
O certo é que na actualidade, a cantidade de redes sociáis que están presentes no noso día a día e que usamos, mostran esta práctica como algo totalmente normal, xa que os profesionáis de creación de contido ou os/as influencers, son a mostra perfecta, xa que un porcentaxe ínfimo é o que non amosa a vida persoal da súa familia e, especialmente, á dos seus fillos e fillas, menores de idade, senón que ocorre todo o contrario. Cantidade de influencers utilizan a imaxe dos seus fillos/as en publicacións con fins publicitarios ou comerciáis e, cada vez son máis as marcas, as que buscan marketing a través dos menores, fillos e fillas de influencers, porque esas publicacións teñen un maior impacto en redes que si o proxenitor/a aparece só na imaxe. O público espera e busca ese contido, pero é importante darse conta de que se está expoñendo a imxen e a vida dunha persoa, que goza, dende que nace, do seu dereito á intimidade, pero iste é exercido mentres son menores polos seus proxenitores, sen reparar en moitas ocasións, nos danos que se lle poden causar.
O feito de publicar a imaxe dun/dunha menor en redes, implica deixar unha pegada dixital de por vida para eles, coa que a futuro poden non verse identificados/as, podendo afectar ao desarrollo da súa personalidade. Cantidade de perfís en redes sociáis mostran o día a día destos menores, situacións familiares habituáis, patoloxías que padecen, comportamentos e, ata incluso, moitas veces, xa antes de nacer, circula por redes a súa ecografía. Esta sobreexposición pode poñer en risco aos menores, pois as publicacións poden chegar por exemplo a unha audiencia non desexada, como poder ser un perfil pedófilo que utilice o contido publicado polos propios pais do/da menor, que a priori pode parecer unha imaxe inocente, pode convertirse en contido erótico para os ollos dun depredador sexual.
Cantidade de influencers utilizan a imaxe dos seus fillos/as en publicacións con fins publicitarios ou comerciáis
É canto menos, un tema moi controvertido sobre o que se podería ter un amplo debate no que se analizase a “rentabilidade” de compartir iste contido e os perxuicios que se lle poden causar ao menor e o impacto no seu futuro.
Actualmente nin a normativa de protección de datos de carácter persoal nin ningunha outra normativa, ofrece cobertura xurídica a estes menores e polo tanto non se pode garantir o respecto pleno aos seus dereitos, residindo nos sus proxenitores ou titores, a responsabilidade de velar polos mesmos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano