Romería

¡BUONE VISIONI!

Romería
Romería

Carla Simón quedou enfeitada por Galicia. Como se pode culpar? Enténdoa perfectamente. Na procura da súas raíces biolóxicas paternas acabou celebrando o bo e o malo da súa investigación e do lugar que a acolleuna cos brazos abertos. Romería trata principalmente disto. Estreada no concurso oficial do Festival de Cannes, é a terceira obra dunha triloxía autobiográfica empezada coa sensible Estiu 1993 (2017) e seguida por Alcarrás (2022). Esta última, lembramos, foi a longametraxe co que gañou un histórico Oso de Ouro no Festival de Berlín e que describía, cun ton exquisitamente naturalista, o mundo rural e familiar en todas as súas vertentes.

Romería, gravada na provincia de Pontevedra, é un canto de amor a Galicia pero sobre todo é outra viaxe da memoria da cineasta. Mariña (Llúcia García), alter ego de Simón, viaxa a Vigo para coñecer á familia do seu pai biolóxico, que morreu de sida, do mesmo xeito que a súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus avós e o resto da familia galega, a moza reconstrúe un relato que cumpra co desexo de entender o pasado...

É a película máis libre e a vez a máis fráxil da triloxía

Romería é o filme máis persoal de Carla Simón co cal, ademais, de reconciliarse cos seus antepasados, intenta facer contas cunha etapa pouco narrada no cine español, a cara B da movida: os estragos da heroína e do SIDA nos anos oitenta. É a película máis libre e a vez a máis fráxil da triloxía. É un filme que busca a emotividade pero que, por case a súa metade, transmite unhas emocións tan persoais que non conseguen transcender o diario persoal da autora quedando estancadas.

Na súa parte onírica final – que é case outra película distinta – podemos atopar diferentes rexistros e xéneros cinematográficos como o drama romántico, elementos estéticos do cine quinqui, cine erótico e de poesía, e incluso citacións a filmes e autores moi distantes entre eles. As escenas gravada nas Illas Cíes parecen unha especie de comuñón entre Un verano con Mónica (1953) de Ingmar Bergman e El lago azul (1980) de Randall Kleisser. Por outro lado temos a unha representación simbólica e musical dos falecidos da movida viguesa que mestura a mitoloxía da Santa Compaña ao ritmo de Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total, e cunhas coreografías que recordan a Thriller de Michael Jackson. Unha representación que, por canto arriscada e desconcertante, convence na súa mensaxe. Pero a fascinación, o agarimo de Carla Simón por Galicia non se para a estes referentes. Polo xeneral as súas citacións á cultura galega teñen unha vertinte bastante folclórica e parecen máis pretos ao imaxinario dun ‘guiri’. Pouco encaixan os cantos tradicionais ou as muñeiras na película, así como outras citacións gastronómicas ou uns tópicos relacionados coa vida mariñeira. Son todos elementos que, aínda que postos con agarimo, desentoan co estilo verista que a película pretende transmitir en case a súa totalidade. Por último destacar a presenza de interpretes galegos na película como Janet Novás, Tristán Ulloa, Myriam Gallego ou Sara Casasnovas. Despois de pescudar da súa biografía persoal con estes tres filmes, será interesante asistir a evolución creativa de Carla Simón. Se continuará polo camiño do diario persoal ou apostará por historias alleas ou moi diferentes.

“Un viaje atrevido y maravilloso” en cines a modo de estreno

Margot Robbie y Colin Farrel.
Margot Robbie y Colin Farrel.

Este fin de semana llegan varias novedades a la cartelera. Colin Farrell y Margot Robbie protagonizan “Un viaje atrevido y maravilloso”, una aventura en la que reviven recuerdos del pasado y enfrentan la posibilidad de cambiar su futuro. Cesc Gay presenta la comedia “Mi amiga Eva”, con Nora Navas y Juan Diego Botto, sobre una mujer que, tras un viaje a Roma, decide romper con su matrimonio y explorar de nuevo el amor y la seducción.

La propuesta de ciencia ficción es “Afterburn”, donde un cazatesoros busca la Mona Lisa en una Europa devastada por una erupción solar, aunque pronto descubre que el mundo necesita héroes, no reliquias.

Fernando Colomo firma y protagoniza junto a Carmen Machi y Antonio Resines “Las delicias del jardín”, que inaugura la sección Made in Spain del Festival de San Sebastián. Éric Besnard estrena “La primera escuela”, un drama histórico sobre una maestra que impulsa la educación obligatoria en la Francia rural de 1889. Para los más pequeños se estrena “Angelo en el bosque misterioso”, donde un niño perdido debe atravesar un bosque para reencontrarse con su familia.

Contenido patrocinado

stats