Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Gábome, e perdoen e inmodestia, de ser quen leva escrito máis artigos e escritos, máis de medio cento, sobor do Santo e Caudillo de Galicia, o noso San Rosendo. Que foi bispo cando somentes tiña dezaoito anos.
Como escribiu dona Mª José Iglesias Vázquez, a grande escultora, como bispo foi "animador y custodio de la fe, al mismo tiempo que una autoridad civil y militar bajo directrices de la monarquía astur-leonesa, familia a la que él mismo pertenecía. Por eso no es de extrañar que el rey Ordoño III le encargase el gobierno y la defensa de Galicia". De eí que eu o chegara a bautizar como Santo e Caudillo de Galicia.
Vai chegar o 3 de marzal e haberá que se achegar á Celanova milenaria, pra coa medalla pendurada do pescozo como cofrade do Santo, entoar de novo: "Meu corazón Celavella / tes as paredes hedrosas / rompendo a brilar estrelas / relampos de Celanova…"
Dende a miña fe pequena teño a San Rosendo nun lugar do meu corazón de galego, que presumo de selo eiquí e acolá. Cando fumos despreciados polas Españas ("Gallego si no lo haces"), perante un tempo non tan lonxano. Agora xa ninguén nos desprecia por ser galegos de nación.
Haberá, un ano máis e se Deus non o impide, que achegarse a esa vila onde polas Marzas sopra un vento do Vieiro: "Celanova ten un vento, / Celanova un vento ten. / Un vento peleriñante, / un vento que vai e ven". E xantar con Gregorio Álvarez Medela, que fora alcalde desa vila fermosa, e que preside as Terras de Celanova. E con amigos que compartirán mesa e mantel. Logo de saúdar a don César Iglesias, o párroco que xa leva tempo anclado fronte esa fermosa praza que preside o grande mosteiro. E que a ninguén se lle ocurra beber da auga fonte do norte, que di a lenda que pon tolos/as as xentes.
Ata o día 3 de marzal: "A lúa inxerta no ar / craveles de arrecendo…", e porse de xeonllos ante o Santo e Caudillo de Galicia, que agarda a Resurrección dos mortos, que é dogma, onde sairon poetas dos que tamén se honra Galicia: Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, e Xosé Luis Méndez Ferrín, que inda vive pra manter aceso o lume de Galicia. Dos que amamos á Nosa Terra, que non morrerá mentres o Universo exista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano