Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Siga o diñeiro. Hai días nos que é mellor non erguerse da cama. Para Trump ese día foi este xoves. Mentres a primeira tormenta de neve de 2017 azoutaba Nova York, a Corte de Apelación do Circuíto 9 preparaba outro trebón para Trump. Por unanimidade, e isto é importante, os tres xuíces que a conforman decidiron manter o segundo bloqueo imposto contra o veto migratorio. "Tres a cero" como indicou Hillary Clinton na súa conta de Twitter. Pero Twitter é territorio Trump. De feito mantén dúas contas, a súa persoal e a oficial do presidente dos Estados Unidos. Ten todo o sentido do mundo, así pode falar nunha e acto seguido contradicirse na outra. Minutos despois de saberse a sentenza, Trump publicou en maiúsculas -o que corresponde a berrar nas redes-: "Verémonos na Corte, a seguridade nacional do país está en xogo".
Vaiamos por partes. Antes de atacar de forma furibunda á decisión do tribunal, Trump xa insultara ao xuíz federal James Robart de Seattle, quen paralizara de forma temporal a orde en todo o país. Falou de "ese ao que chaman xuíz" e que "se pasa algo agora será culpa súa". Medio país apoia a Trump pero o outro medio está fondamente avergoñado. A Trump, amais da pataleta, o que lle queda é a Corte Suprema que segue á espera de que se nomee o seu noveno membro. Para levantar unha sentencia de Apelación necesítanse 5 votos na Corte Suprema que agora Trump non ten, e nin sequera a presencia do seu candidato Neil Gorsuch, lle garante que poida sacala adiante. Tocará recuar e reformular.
Co desgusto no corpo Trump colleu o teléfono e chamou a Xi Jinping, o presidente da China. A escalada de violencia verbal xa desde que Trump era candidato tivo aos dous países en alerta. A Administración Trump dixo que non permitirían a construción de máis illas artificiais no Mar do Sur da China, e tampouco o acceso ás xa creadas baixo ameaza de confrontación bélica. Para engadir máis leña ao lume, Trump, aínda sendo presidente electo, rachou a política de "Unha China" que rexe as relacións bilaterais durante as últimas catro décadas, chamando por teléfono á presidenta de Taiwán. China considera a Taiwán unha provincia rebelde e non recoñece a súa autonomía. Trump anunciou o cambio desta e doutras políticas coa China pero este xoves deu marcha atrás. A conversa que se prevía extraordinariamente tensa foi, segundo a administración chinesa, "extremadamente cordial". Por certo, a China é o maior acredor estranxeiro da débeda norteamericana, ao redor do 7% do total do país. Hai que seguir o diñeiro.
Tras acabar a conversa con Xi Jinping, Trump acendeu a televisión e viu a Kellyanne Conway, a súa asesora, falar desde a Casa Branca invitando aos espectadores a que mercaran roupa da marca da súa filla, Ivanka Trump. "É fantástica, eu mesma teño varias cousas. Saian a rúa a mercar roupa de Ivanka". O que lle faltaba para rematar o día. O contexto é que os grandes almacéns multimarca Nordstrom retiraron a liña de Ivanka Trump por escasas vendas e iso provocou a reacción republicana e de Kellyanne. O que fixo Kellyanne está a ser investigado pola Comisión de Ética do Congreso porque facilmente pode ser un delito federal por abuso de posición. Trump dixo que a respaldaba totalmente. Normal. Máis diñeiro.
Pero o bo vén agora. Mentres falamos de vetos migratorios, da China e a roupa de Ivanka, a Administración Trump acaba de darlle luz verde á "revisión" da norma "Dodd-Frank". E que é a norma Dodd-Frank? Pois o freo que Obama puxo a Wall Street para que non se repetira a crise das "subprimes" de 2008 e o colapso financieiro mundial. Unha das medidas é que os bancos teñen que someterse a probas de solvencia anuais para evitar que poidan pasar desapercibidos buracos como o de Lemman Brothers. Esa lei voará polos aires. O motivo: " Teño amigos que non poden lanzar empresas debido a que os bancos non queren prestarlles diñeiro a causa das regras e controis da lei Dodd-Frank". Así de claro falou Trump o pasado venres.
Para ser o candidato que viña contra as elites e contra Wall Street parece que non tardou moito en cambiar de idea. Era, obviamente, mentira. Só queda por saber o tempo que tardarán en decatarse moitos americanos. Todo é diñeiro, temos que estar atentos cando nos despistemos cos feitos alternativos. Á "esquerda" é moi doado mantela ocupada mentres loita por fins solidarios, só hai que crear a distracción, e canto máis grande mellor. E mentres todos miran para o veto e se felicitan pola derrota de Trump no xulgado, Trump engade máis ceros na conta dos seus amigos -que será a súa- cando saía de aí. O plan é perfecto. Coma Pepe Carvalho, nunha de Montalbán… hai que seguir sempre a pista do diñeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor