Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
A primeira vez que De Ruada viaxou a Cataluña foi en setembro de 1951, concretamente a Barcelona co gallo das festas de La Mercè. Tratábase de facer, dentro da semana grande da festa barcelonesa, uns festivais de música popular de cada unha das rexións do Estado. No caso galego, a representación correu a cargo de catro formacións ourensás: De Ruada -a quen acompañaban o gaiteiro e zanfonista Faustino Santalices e o gaiteiro Modesto Sánchez- e os grupos de gaiteiros: “Os Trinta”, de Pobra de Trives; “Os Trabazos”, de Castro Caldelas e “Airiños de Antela”, de Xinzo de Limia. Completaba a representación galega o coro “Lonxe d’a Terra”, do Centro Galego de Barcelona. Chama inicialmente a atención que esta embaixada artística fose exclusivamente ourensá -agás a achega local-, pero intúo que algo tería que ver nesta escolla que o primeiro tenente de alcalde de Barcelona -e tamén Delegado Provincial de Ex-Cautivos- era daquela o ourensán de Trives, Alfredo de Casanova Fernández.
O éxito de De Ruada, dirixida por Daniel González, foi enorme, tal como relata o secretario do Centro Galego de Barcelona, Sr. Neira, en telegrama enviado á prensa galega e que reproduce La Región (29/09/1951): Actuación coral [De] Ruada día Galicia Barcelona maravillosa. Galicia quedó considerable altura. Acto ayuntamiento y misa iglesia Merced constituyeron actos resonantes Ruada. Actuaciones Pueblo Español triunfo grandioso. Público entusiasmado aclamó coral y Galicia. Este éxito non pasou desapercibido aos organizadores, de xeito que “De Ruada” foi convidada a participar nas festas de La Mercè do ano seguinte.
De Ruada aceptou o convite a pesar de que se producira a dimisión do director Daniel González -facéndose cargo da mesma Isolino Canal- en medio dunha desagradable polémica con intercambio de acedas cartas publicadas nas páxinas deste mesmo xornal. Deste xeito, o día 27 de setembro de 1952 actuaba de novo a Coral na cidade condal, sendo, segundo informaba La Región (19/09/1952): ... el Coro De Ruada el único de España que tomará parte en las fiestas grandes de Barcelona, donde su actuación del pasado año causó una tan excelente impresión que le ha valido este nuevo contrato. O cambio de director non pareceu afectar ao nivel artístico da Coral, de tal xeito que foi convidada a participar nas festas do ano seguinte.
E de novo De Ruada aceptou o convite, viaxando a Barcelona en setembro de 1953 para participar en varias actividades que culminaron nun concerto o día 29 no emblemático teatro Romea que foi unanimemente loado tanto polos xornalistas galegos como pola prensa barcelonesa, tal como recolle La Región dos días 7, 10 e 13 de outubro.
Dende entón, hai xa máis de 70 anos, De Ruada non volveu ter relación con Cataluña ata hai uns días en que tivemos a ocasión de recibir á excelente coral barcelonesa Espígol coa que compartimos actuación na igrexa de Santa María Nai. Falouse e cantouse en español, galego e catalán e, na parte final do concerto, os membros da coral barcelonesa uníronse aos ruadistas para cantar “Foliada do Miño” e “Trullada do San Martiño”, dúas pezas do noso repertorio. O público, que ateigaba a igrexa, premiou ás dúas corais con numerosos e entusiastas aplausos.
Posteriormente os membros das dúas corais compartiron un ágape con produtos galegos e cataláns e viños da nosa provincia e cava catalán, nun ambiente de gran cordialidade, demostrando unha vez máis que a música une ás persoas e aos pobos e que as pantasmas que algúns se empeñan en ver na relación entre as distintas comunidades non son máis ca iso, pantasmas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?
Lo último