Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo
CASTELLUM HONESTI
Quen me coñece ben sabe que, para min, o mundo rural desenvolveu, ó longo dos séculos, unha dobre misión esencial para o status de Galicia coma nacionalidade histórica. Por unha banda, foi o fiel gardián dos valores da cultura popular galega, a lingua e mailas tradicións, nuns intres nos que os galegos non podiamos se-lo que eramos ou aquilo que desexabamos ser. Ó mesmo tempo, constituíu un eficiente vector de transmisión dos valores galegos polo mundo, a galeguidade e o galeguismo, nos tempos nos que eramos vítimas da parca social da emigración. Estas características vitais fan que, dende aquelas, as zonas rurais sigan a estar fondamente ligadas a tódolos parámetros que definen netamente a esencia do noso pobo e a súa persistencia no decorrer dos tempos.
Por tal motivo, o seu enfraquecemento podería supoñe-la perda de gran parte desa esencia fundamental, a posta en perigo dos nosos valores máis senlleiros e mais do noso xeito de ser e de sentir, incluso a perda de parte da nosa historia.
Malia o dito, na actualidade o rural galego non debe representar só o pasado nin tan sequera unha zona a preservarmos por unha cuestión de nostalxia ou bucolismo, senón un suxeito real con presente e, sobre todo, con grande capacidade para liderar parte do futuro do noso país. Esta afirmación, formulada decote con lapis e papel nas revistas académicas, podo sustenta-la na praxe non só nos meus trinta e tres anos de vida laboral ligada a el, senón, sobre todo, nos sete anos que vivín intensamente unha aventura baixo un solpor no Ribeiro. Por esta experiencia, entendo que a Galicia que se pensa a diario debe facelo tendo en conta o proceso de urbanización crecente da súa sociedade pero tamén dende a súa eterna realidade rural. E se ben, historicamente, o rural e o agrario foron termos case sinónimos, hoxe é imprescindíbel diferencia-la ruralidade da actividade agraria, sen minusvalorar esta última. Co tempo, o rural tense convertido nun espazo de vida, de relacións, de cultura, de traballo diverso; dentro do seu territorio hai actividade agraria e gandeira, si, pero tamén existe o turismo sustentábel en tódalas súas modalidades, a artesanía, a tecnoloxía e a innovación, a reserva medio ambiental, a produción cultural ou a industria e a xeración de enerxía renovábel. Toda esta diversificación económica eríxese nun alicerce clave para seguirmos a facer do rural galego un lugar atractivo e viábel.
Consonte a isto, non debemos pensa-lo futuro do rural só en termos de modernización da agricultura; en troques, o atinado é concibi-lo coma un tecido (hoxe, ecosistema) económico e social integral e sostíbel. O futuro do rural galego pasa pola súa concepción, non como un espazo ó que se lle ten mágoa ou por romanticismo, senón como aquilo que realmente é: un ámbito con identidade propia, con potencialidades reais, con capacidades específicas e cun papel fundamental no futuro económico e rural de Galicia. Neste sentido, falar do rural como campo de oportunidades non é só un desexo, senón un exercicio de realismo e, como tal, precisa que continuemos coa implementación de políticas sociais activas por que ningún proxecto vital ou profesional podería desenvolverse se non se garantise o acceso ós servizos básicos da sanidade, a educación, a mobilidade, a conectividade dixital, a vivenda digna e as oportunidades laborais. Asemade, é preciso seguirmos coa fixación da poboación e atraermos nova xente, nomeadamente moza, equiparando as súas condicións de vida coas das cidades, sen pretender copia-lo modelo urbano pero sen resignarse a ser menos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de febrero
PARA RESCATE Y EVACUACIÓN
La UME despliega 250 militares y 90 vehículos especializados en Huelva, Cádiz y Granada ante el temporal