Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Nos últimos días o diario La Región publicaba un dato que debería facernos reflexionar con urxencia: Ourense perdeu 130.000 habitantes en apenas medio século. Unha cifra que contrasta coa realidade do conxunto de España, que no mesmo período gañou máis de trece millóns de persoas. Mentres o país medra, Ourense mingua. E faino non por un único factor, senón pola suma de decisións, inercias e carencias que empurraron a varias xeracións a mirar cara fóra para construír os seus proxectos e sacar adiante as súas familias.
O pasado venres, nun coloquio organizado por Vázquez Barquero na Universidade de Ourense, varios poñentes coincidían en algo esencial: a revitalización demográfica pasa por devolver atractivo ao rural
O avellentamento demográfico, a falla de oportunidades laborais estables, a concentración de servizos nas cidades ou, a ausencia dunha política sostida de fixación de poboación, son elementos coñecidos. Ademáis disto, hoxe xorde un problema que xa non é só rural: afecta de cheo á mocidade que vive, ou intenta vivir, nas cidades. Falamos do prezo da vivenda, do custo do alugueiro e do desfase crecente entre os soldos e o que custa, simplemente, iniciar unha vida independente.
Na cidade de Ourense é habitual atopar alugueiros entre 500 e 800 euros ao mes por pisos que, en moitos casos, non presentan condicións acordes con ese prezo. Se a isto lle sumamos o encarecemento da cesta da compra, atopamos unha ecuación que non cadra para moitas familias. Sen apoio económico dos pais, a independencia convértese nun privilexio. E, para quen consegue alcanzala, implica recortes constantes: menos lecer, menos viaxes, menos ceas fóra, menos renovación do coche ou da roupa. En definitiva, menos calidade de vida.
Ante esa realidade, o rural aparece non como un recordo do pasado, senón como unha opción de presente e futuro. Non como obriga, senón como oportunidade. Alí, a vivenda é máis accesible, tanto en alugueiro como en compra. Alí, unha familia pode plantexarse construír o seu fogar cunha marxe económica máis ampla. E alí, ademais, é posible reducir o impacto da cesta da compra cultivando parte dos alimentos do día a día: patacas, tomates, grelos, cenorias… incluso criando unhas galiñas que garantan ovos, de calidade, todo o ano. Un aforro pequeno se se mira semana a semana, pero enorme cando se pensa no horizonte dunha vida.
O pasado venres, nun coloquio organizado por Vázquez Barquero na Universidade de Ourense, varios poñentes coincidían en algo esencial: a revitalización demográfica pasa por devolver atractivo ao rural, non só mediante infraestruturas, senón facilitando que quen queira vivir alí poida facelo con garantías de servizos, conectividade e oportunidades.
O noso futuro non está escrito. Pero si está claro que, se queremos que Ourense deixe de perder poboación ou medre en consona, debemos mirar cara onde aínda queda espazo para medrar. O rural non é un problema. É, cada vez máis, a solución. A presenza de máis persoas nese medio reduciría o risco de incendios preto das vivendas ao ter as franxas próximas limpas. Dotaría de seguridade aos poucos veciños que aínda ocupan as nosas aldeas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último