Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Estimados clientes, este tren dispón de máquinas que venden bebidas e refrescos, ao seu dispor”. Neste e en tódolos trens que circulan de estación en estación, de sitio en sitio e de lugar en lugar, véndese de todo, “comida para comer e levar”, alcol para limpar as feridas ou, sinxelamente, para mesturar cos refrescos, con xeo e con limón, se é o caso. “Benvidos! -segue a locución ferroviaria- durante o percorrido informarémoslles das estacións de parada”. O altofalante, co apoio programado de varios letreiros luminosos, deses de alta contaminación e capaces de distorcer o contorno, actúa sen contención verbal.
Vostedes, señores clientes, mantéñanse atentos aos nosos avisos e moitas graza por elixir esta Compañía para o seu desprazamento, nesta tarde noite de hoxe. Mañá é outro día e, se queren, poden e deben seguir viaxando con nós. Somos unha empresa de servizos, a Renfe de sempre, de transporte e de lecer. Temos cantinas nas estacións, nos trens, nas chegadas e nas saídas; temos transporte de mercancías, levamos homes, mulleres e nenos e nenas a onde queiran ir; transportamos bicicletas, animais de compañía de calquera raza e saímos de tódolos puntos e a todos chegamos, para que o país poida presumir dos seus formidables servizos de transporte público.
Atentos e caladiños!, por favor, tren Alvia procedente de Zamora entra, para e sae, en cinco minutos. Vía dúas. Son as vinte e vinte horas. Avant con destino a Vigo ten a súa saída ás vinte e vinte e cinco. Vía tres. Señoras e señores clientes, Boas tardes!, estamos para axudarlles, presten atención! Saída inmediata do Intercyty, con destino a Ponferrada. Vía catro. Señoras pasaxeiras!, temos que informarlles de que o paso subterráneo da vía tres estará interrompido por espazo de cincuenta minutos. Perdoen as molestias e moitas grazas. O ascensor estará ao seu dispor, antes dunha hora.
A alta velocidade é unha garantía. Poden vivir nun lugar atravesado pola vía e non ter posibilidades de desprazarse en tren. Será posible? O Ave para cando lle mandan e onde lle mandan, vai veloz cara a Estación e, tan á presa como vai, volve. Saída inmediata, en cinco minutos. Vía vinte e catro. E, a Tía Manuela que di deste panorama tan apresurado. Nada, dálle a risa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último