Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
O western volve a poñerse de moda. Nestes últimos tempos o xénero tivo éxito con series como Yellowstone, 1883, Outer Range ou The English, traballos que mesturan a estética do cine do oeste clásico co spaghetti western. A estas obras habería que engadir, entre outras, filmes como Horizon (2024) de Kevin Costner - o primeiro dunha odisea americana de catro películas – máis inspirado nos clásicos de John Ford que no cine de Sergio Leone, o romance Hasta el fin del mundo (2023) de Viggo Mortensen ou Cenizas a las cenizas (2023) de Loïc Tanson que, ao contrario, vai máis na liña do western mediterraneo de Corbucci.
Recentemente chegou á plataforma de Netflix a miniserie de 5 capítulos Érase una vez el Oeste dirixida por Peter Berg. Esta nova producción lévannos ao ano 1857 no salvaxe territorio de Utah. Alí, o exército de Estados Unidos, a milicia dos mormones, os indios nativos americanos e os pioneiros, libran unha dura batalla pola supervivencia. Neste contexto, unha nai e o seu fillo foxen dun escuro pasado mentres se enfrontan a un duro panorama de crueldade e violencia, entre paisaxes nevadas e chairas desérticas.
Sen dúbida, Érase una vez el Oeste é unha das obras máis sanguentas, visceral e brutal do cine western dos últimos tempos. Apoiándose en datos históricos reais – o Masacre de Mountain Meadows, entre outros -, o filme constrúe un relato sólido e absolutamente desolador sobre o nacemento dunha nación. O guionista da serie é Mark L. Smith, o mesmo de El renacido (2015). E, ao igual que no filme de Iñárritu protagonizado por Leonardo DiCaprio, segue levando as mesmas reflexións en territorios fronterizos: a supervivencia, a venganza e a loita do home contra a natureza. A maior, nesta miniserie temos dúas personaxes femininas claves, Betty Gilpin (Sara Rowell) e Abish Pratt (Saura Lightfoot-Leon). Aínda que a presencia de Taylor Kitsch no papel de Bridger - un home solitario, forte e silencioso - faga pensar inicialmente nun romance, a serie non vai nesta dirección. As duas mulleres rexeitan o sistema patriarcal, intentando escapar para atopar un espazo de liberdade: a primeira dirixíndose cara ao inesplorado e prometedor oeste mentres a segunda reparando na sociedade dos nativos americanos.
Sen dúbida, Érase una vez el Oeste é unha das obras máis sanguentas, visceral e brutal do cine western dos últimos tempos.
Dentro deste contesto sen lei, o fanatismo relixioso parece ser outra raíz fundacional dos Estados Unidos. É unha peculiaridade que, xunto co utilizo desinhibido e libre das armas, segue vixente ata o día de hoxe. Neste sentido, Érase una vez el Oeste non é una serie esperanzadora. Ao revés é unha serie moi critica sobre Estados Unidos. Todas as súas historias, contadas paralelamente, evidencian a codicia do ser humano que malvive nun territorio austero e inhóspito. Érase una vez el Oeste fálannos dunha prehistoria non moi lonxe. Porque hai pouco máis dun século, os seus habitantes cabalgaban terras salvaxes e matábanse entre eles, sen piedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas