Benito Iglesias
La política de vivienda en España debe de ser la de Galicia
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O 8 de abril de 2009 uns piratas somalís secuestraron o mercante Mærsk Alabama, que, catro anos máis tarde, o director británico Paul Greengrass levaría ó cine coa película “Capitán Phillips” e co protagonismo de Tom Hanks. Seis meses máis tarde dese secuestro, o 3 de outubro, outros piratas do mesmo país secuestraron o atuneiro conxelador Alakrana, propiedade da empresa Echebaster Fleet, con sede no municipio biscaíño de Bermeo. Tamén deste se fixo un telefilme dirixido por Salvador Calvo e protagonizado por Miguel Ángel Silvestre.
O atuneiro vasco pescaba no océano Índico cando foi interceptado por un grupo de asaltantes, armados con fusís e embarcacións rápidas, que o abordaron en cuestión de minutos. No Alakrana viaxaban 36 tripulantes, dos cales 7 eran vascos, 1 andaluz e 8 galegos. O resto eran de varios países asiáticos e africanos. Desde o primeiro momento, o secuestro xerou unha gran tensión tanto en España como no ámbito internacional.
En Somalia, a situación era igual de inestable. As faccións piratas, divididas e con agarradas internas, dificultaban as negociacións.
A banda pirata esixiu un rescate millonario e a liberación de dous dos seus membros detidos pola fragata española Canarias. O Goberno español activou un gabinete de crise e desprazou medios militares á zona, incluída a fragata Méndez Núñez e un avión de vixilancia. Porén, as autoridades insistiron en que a prioridade absoluta era garantir a integridade da tripulación, o que levou a unha estratexia de negociacións discretas e unha presión diplomática constante.
Mentres tanto, os familiares dos mariñeiros, especialmente no País Vasco e Galicia, viviron semanas de angustia. As concentracións, lecturas de comunicados e mobilizacións reclamaban unha solución rápida e segura. En Somalia, a situación era igual de inestable. As faccións piratas, divididas e con agarradas internas, dificultaban as negociacións. Os secuestradores moveron o barco en varias ocasións para evitar ser rescatados por forzas internacionais que patrullaban a zona dentro da Operación Atalanta da Unión Europea. As condicións de vida para a tripulación, segundo relataron posteriormente, foron duras pero non extremas: estaban vixiados, con escasa liberdade de movemento e baixo permanente ameaza.
Tras 47 días de retención, o 17 de novembro de 2009 (cúmprense, precisamente hoxe, 16 anos), o Alakrana foi liberado. Aínda que nunca se revelou oficialmente o custo do rescate, diversas fontes falan duns tres millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%