Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Seguimos agardando
TÍA MANUELA
Parece que foi onte cando a maioría dos traballadores comezaban as vacación e alá van, como di a amiga Sofía, foron máis curtas que a eclipse. Agora queda o recordo dun tempo pasado apresuradamente, acalorado e con inclemencias reais cravadas, cada día, no peito e na alma da cidadanía, desa da que formamos parte e que queremos libre, enxoita e con capacidade e posibilidades para a formación, para a comunicación, para a diversión e para o traballo.
Actualmente a poboación mundial supera os oito mil trescentos millóns de persoas, distribuídas en 194 países. Cal será o recordo do pasado recente desta xente? Moitas destas persoas están atreladas pola fame e pola miseria, polos aramados fronteirizos e o fusil dos soldados.
O informe do Índice de Pobreza Multidimensional de 2024, publicado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e un Centro de Investigación con sede na Universidade de Oxford, indica que hai no mundo mil cen millóns de persoas que viven na pobreza extrema, moitas delas (cerca de cincocentos millóns) son habitantes de países en guerra.
Estes datos sinalan claramente que hai moito que mellorar, que hai moito que facer e moito camiño que andar, para erradicar a miseria e a fame desa humanidade numerosa, para non retroceder, como ocorre naqueles lugares que entran (ou que os meten) na guerra. Os políticos, observadores e asesores deberían parase (se é necesario, coller uns días de vacación) e pensar nestas situacións que mancan no corazón da xente, deberían refrear a refrega e abrir os seu pensamento ao ben xeral, para conseguir entre todos o ben da todos, dos de aquí e dos do outro lado da fronteira.
Poderán, algún día, os homes e as mulleres, a mocidade, os nenos e as nenas de calquera cor que sexa a súa pel, vivir, saltar e correr sen tantas amarras e con dereito total á educación, á formación, á sanidade e á alimentación?
Quen sabe! A Ciencia apoia ao desenvolvemento tecnolóxico e ben sería que incidiran no coidado do planeta e, xa que logo, de nós. Os actores dominantes deberían mandar parar as desfeitas ecolóxicas, o negocio dos incendios, o baleirado das zonas rurais e a expulsión da xente do seu territorio. Pero, como di a Tía Manuela, “aquí seguimos, en setembro, agardando”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Seguimos agardando
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Discurso imaginario
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Un recuerdo de aquel restaurante del Auria
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
La dulce mariña lucense del Eo al Sor
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 2 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 2 de septiembre
OPINIÓN DE EXPERTOS
La luz seguirá al alza este año por el gas y el cierre de Ormuz