Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
En pleno inverno, a principios do mes de xaneiro, foi cuns amigos a Castrojeriz, a tiro de pedra da capital de Burgos, onde o Camiño de Santiago esixe respecto e forza aos peregrinos para andar máis de catrocentos quilómetros cara a meta da súa peregrinación, en Santiago de Compostela. O lugar ten o seu nome por mor dun primitivo castro, alí na cimeira do outeiro do Castelo.
Neste lugar, se respiras fondo, gozas do sabor antigo, de cando estiveron cultivando a terra de forma comunitaria os vacceos. Alí estiveron os romanos e desapareceron, para repoboarse novamente o lugar a mediados do s. IX, cando o Camiño de Santiago adquire importancia e, ao seu paso, revoluciona a economía, propón novas formas de vida, de cultura e de pensamento.
Os establecementos hostaleiros fechan as súas portas, os comercios fechan tamén e o mundo nestes andares, párase ata que regresa a concorrencia
En Castrojeriz e nos anteriores ou posteriores lugares por onde pasaron e pasan os peregrinos, vese a riqueza que aporta o fenómeno xacobeo, nos eidos da historia, da arte, da arquitectura, da cultura e da lingua. Vese a riqueza económica, o espertar da natureza e o esmorecemento xeral nos meses de inverno, cando se produce a gran parada. Os establecementos hostaleiros fechan as súas portas, os comercios fechan tamén e o mundo nestes andares, párase ata que regresa a concorrencia, que cada ano chega antes, para ben de todos.
Os amigos tornaron decontado, ao rematar a festa, pero el, Federico Carpinteiro, recorreu, paso a paso, cada unha das etapas do Camiño Francés. Ao deixar atrás a provincia de Burgos, pola localidade de Frómista, adéntrase en Palencia, mira para os lados, para arriba e para abaixo, e escoita atentamente o soar das campás das igrexas fechadas a cal e canto, coma sempre, igual que as igrexas galegas, fechadas de noite, pola mañá e pola tarde.
“O recorrido por Palencia impresiona”, dixo Federico, mentres as súas pernas tremían co frío. Recorreu Carrión dos Condes e atopou abrigo no único bar aberto que había. “Aquí, señor -dixo a hostaleira-, vivimos do Camiño de Santiago e cando non hai peregrinos, descansamos”. Por León tamén estaba cerrado, todo cerrado. Ao pasar Vilafranca do Bierzo e subir pola Faba, o peregrino chegou con neve ao Cebreiro e alí, como si xa estivera de volta na casa, cos do Cebreiro, programou a seguinte peregrinación. Ultreia et Suseia!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior