Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Como contraste ao golpe militar, á represión, a guerra civil e á ditadura franquista, hai quen mecanicamente converte a Segunda República en sinónimo dun tempo ideal no que os dereitos individuais e colectivos foron plenamente satisfeitos. É non foi así. Como valoraba Alfonso R. Castelao no Sempre en Galiza: “Non pode chamarse tal (República) un réxime que nen tan sequera soubo controlar aos militares monárquicos. Á República virá o día que o povo hespañol retorne, vitorioso, das trincheiras.” (...) Co sistema unitario -liberal ou despótico, monárquico ou republicán- teremos sempre unha participación no reparto das miserias, das fames, das débedas e demais alifaces xerais.”.
Sobre o mesmo tema Alexandre Bóveda, secretario do Partido Galeguista e fusilado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Pontevedra), argumenta contra as posturas centralistas que seguen firmes baixo o governo republicano. E coida que deben ser superadas mediante: “Un réxime federal de nacionalidades ibéricas, en que a democracia se poida manifestar ceibe de todo poder, pode ser moitísimo máis avanzado que unha República case centralizada e burguesa”.
Sen dúbida ningunha, a República foi mil veces mellor que todo o que viu despois, porén non se pode esquecer que non foi quen de dar unha resposta axeitada aos problemas sociais e nacionais de Galiza e outras nacionalidades. Mesmo houbo en forzas republicanas actitudes centralistas, de negación das identidades diferenciais. Non se trata polo tanto de sacralizar un período que debe ser estudado axeitadamente e superado. Agora ben, o sistema republicano deulle unha maior participación e protagonismo á povoación, as clases populares, xa que todos/as aqueles que teñen responsabilidades políticas, de calquera tipo, son electos/as polos cidadáns. A este respecto a República é de partida un sistema máis democrático. Polo tanto, non valoramos tanto un período histórico a repetir como reclamalo como sistema de governo.
Co golpe militar de 1936, en Galiza e as outras nacións e rexións do Estado Español ficaron axiña baixo o manto da longa noite de pedra. Viviuse unha represión masiva, a negación de toda democracia.
Tampouco pódese esquecer que aprobar o Estatuto Galego atopou múltiples demoras e atrancos: “Habería que esperar aínda as Cortes realizadas en México pra que o Estatuto fora finalmente aprobado. Nunca puido entrar en vigor e, como queda dito, non era máis que un primeiro paso no camiño do pleno recoñecemento do carácter diferencial de Galiza”. Ademais a República non avanzou abondo nos temas sociais “A Segunda República foi un período de grandes esperanzas pra Galiza e os galegos. Algunhas delas comezaban a facerse realidade cando irrompeu a Guerra Civil, e outras non (...) aos máis humildes aos que vivían das súas mans, ou non podían vivir por estaren sen emprego, a República democrático-liberal non lles ofrecía nen lles podía ofrecer...” (Carlos F. Velasco Souto, Galiza na II República).
Co golpe militar de 1936, en Galiza e as outras nacións e rexións do Estado Español ficaron axiña baixo o manto da longa noite de pedra. Viviuse unha represión masiva, a negación de toda democracia. Desde o primeiro momento houbo miles de persoas detidas nas súas casas e asasinadas polas ordas fascistas sen xuízo, ou por unha parodia del. Non foron militares e milicianos que morreran combatendo nas trincheiras. Aínda que tamén as houbo por milleiros.
A recuperación da memoria histórica da nosa nación dende o neolítico ate os precursores, da revolta irmandiña á revolución de 1846, en fin de toda ela, e non só da República e a Guerra Civil, da guerrilla e as loitas labregas e obreiras, é necesaria e urxente, porque ningún povo pode avanzar sen ter presente o seu pasado e o da humanidade. Unha recuperación que se debe facer sen intencións revanchistas, sen xenreiras, mais na procura da xustiza e da verdade pra evitar repetir erros e acumular acertos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color